Bases da XXIV edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais
O Concello de Bueu convocou a XXIV edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais.
Publicado o 2 Setembro, 2020 nas categorías Bases_premios_literarios, Noticias, Poesía, Premios
O Concello de Bueu convocou a XXIV edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais.
Publicado o 1 Xullo, 2020 nas categorías Noticias, Poesía, Premios
O vigués Marcos Abalde Covelo gañou a vixésimoterceira edición do Premio Johan Carballeira de Poesía co poemario titulado: Alcatrán. O galardón inclúe unha dotación económica de 1.500 euros e a publicación do libro por Xerais. A noticia foi recollida polo xornal Faro de Vigo. Pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Publicado o 27 Febreiro, 2020 nas categorías Noticias, Premios
Un total de 74 traballos optan aos Premios Johan Carballeira, que convoca a Concellería de Cultura do Concello de Bueu. A noticia foi publicada polo xornal Faro de Vigo. artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Publicado o 28 Novembro, 2019 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves 5 de decembro de 2019 ás 20:30 horas, na Biblioteca Gonzalo Torrente Ballester de Bueu, terá lugar a presentación da novela Un lume azul de Pedro Feijoo. No acto, organizado pola librería Miranda en colaboración co Concello de Bueu, participarán Fran Alonso e Pedro Feijoo.
Publicado o 23 Setembro, 2019 nas categorías Noticias, Poesía, Premios
O Concello de Bueu convoca unha nova edición dos Premios de Poesía e Xornalismo Johán Carballeira, cunha dotación económica de 1.500 euros para ambas categorías e a publicación do premio de poesía por Xerais. O prazo de presentación de traballos remata o día 31 de xaneiro de 2020. A noticia foi recollida polo xornal Faro de Vigo.
Publicado o 20 Xuño, 2019 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves 27 de xuño de 2019, ás 20:30 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa, Bueu, terá lugar a presentación da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto, organizado pola librería Miranda e o Concello de Bueu, participarán Tensi Gesteira e Ledicia Costas.
Publicado o 3 Decembro, 2018 nas categorías Crónica, Narrativa, Presentacións
O venres 7 de decembro de 2018 ás 20:00 horas, no Centro Social do Mar, rúa de Montero Ríos, 3, Bueu, terá lugra a presentación do libros Contra todo isto. Un manifesto rebelde e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas.
Publicado o 26 Novembro, 2018 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves 29 de novembro de 2018 ás 20:30 horas, no Centro Social do Mar, rúa de Montero Ríos, 3 Bueu, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto organizado polo Concello de Bueu e a librería Miranda, participarán Salvador Rodríguez e Xurxo Souto.
Publicado o 19 Novembro, 2018 nas categorías Bases_premios_literarios, Noticias, Poesía
O Concello de Bueu convocou a XXII edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais. Admiten orixinais ata o 31 de xaneiro de 2019. Obxecto: Co ánimo de contribuír a fomentar a poesía escrita en lingua galega, o Concello de Bueu impulsa o XXII Premio de Poesía Johán Carballeira, que ten tamén por obxectivo o de homenaxear e dar a coñecer a figura do bueués Johán Carballeira. 1.
Publicado o 16 Outubro, 2018 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves 18 de outubro de 2018 ás 20:30 horas na Biblioteca Torrente Ballester, Ramal dos Galos, s/nº, Bueu, terá lugar a presentación do libro Lapis na noite de Ramón Nicolás.
Publicado o 15 Xuño, 2018 nas categorías Milmanda, Presentacións
O venres 22 de xuño de 2018, ás 21,00 horas, na Biblioteca Torrente Ballester, Ramal dos Galos, s/nº, Bueu, terá lugar a presentación do libro Sen piedade de Pedro Feijoo. No acto, organizado pola librería Miranda en colaboración co Concello de Bueu, conversarán Ramón Rozas e Pedro Feijoo.
Publicado o 15 Marzo, 2018 nas categorías Novidades, Poesía, Premios
Galicia en bus, de María Reimóndez, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. XX Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu Galicia en bus é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo.