Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: concello_de_muxía

Ana Varela: «A poesía é ese espazo propio que se fai por gusto e que se le por gusto tamén». Noticia no xornal «La Voz de Galicia» co gallo da entrega do Premio López Abente

A escritora Ana Varela Miño recolleu no Salón do Voluntariado de Muxía o Premio Gonzalo López Abente pola obra: Onde nacen as hedras. O premio está convocado polo Concello de Muxía e a Fundación López Abente, tén unha dotación económica de 2.000 euros e implica tamén a publicación do libro por Xerais. A noticia foi recollida polo xornal La Voz de Galicia. (Foto do acto de entrega do premio.

Ana Varela: «Nunha sociedade que é un compendio de consumo, a poesía é un acto de rebeldía». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «Onde nacen as hedras», gañador do Premio López Abente

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista coa escritora Ana Varela, gañadora do Premio Gonzalo López Abente co poemario: Onde nacen as hedras. O premio está convocado polo Concello de Muxía e a Fundación López Abente, tén unha dotación económica de 2.000 euros e implica tamén a publicación do libro por Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ana Varela: «É un privilexio pasar a formar parte das poetas que gañaron este premio». Entrevista no xornal «La Voz de Galicia» sobre: «Onde nacen as hedras», gañador do Premio López Abente

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista coa escritora Ana Varela, gañadora do Premio Gonzalo López Abente co poemario: Onde nacen as hedras. O premio está convocado polo Concello de Muxía e a Fundación López Abente, tén unha dotación económica de 2.000 euros e implica tamén a publicación do libro por Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ana Varela gaña o Premio Gonzalo López Abente co poemario: «Onde nacen as hedras». Noticia no «Sermos Galiza»

A escritora Ana Varela Miño vén de gañar a sexta edición do Premio Gonzalo López Abente coa obra: Onde nacen as hedras. O premio está convocado polo Concello de Muxía e a Fundación López Abente, tén unha dotación económica de 2.000 euros e implica tamén a publicación do libro por Xerais. A noticia foi recollida polo xornal Sermos Galiza.

Ledicia Costas, na galería de mulleres do Concello de Muxía

A Galería de Mulleres do Concello de Muxía dedica este mes á escritora Ledicia Costas o espazo destacado do labor dunha muller no mundo das artes, as letras ou as ciencias. Esta elección supón que se recensionen os libros a disposición do/a usuario/a na Biblioteca da Muller, integrado dentro da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía, escritos por ela ou que fagan referencia á mesma.

Mercedes Leobalde, na Galería de Mulleres do Concello de Muxía

A Galería de Mulleres do Concello de Muxía dedica este mes á escritora Mercedes Leobalde o espazo destacado do labor dunha muller no mundo das artes, as letras ou as ciencias. Pode lerse toda a información nesta ligazón.

Berta Dávila, na galería de mulleres do Concello de Muxía

A Galería de Mulleres do Concello de Muxía dedica este mes á escritora Berta Dávila o espazo destacado do labor dunha muller no mundo das artes, as letras ou as ciencias. Esta designación favorece a divulgación da obra e da figura de Berta Dávila no concello, xa que se proporcionan indicacións para informarse sobre a súa obra e seimprimen e distribúen carteis ao respecto.

Presentación en Muxía de “Costa do Solpor” de Xosé Mª Lema

O venres, 21 de xuño, ás 21:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Muxía, terá lugar a presentación da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema. No acto participarán Félix Porto (Alcalde de Muxía), Manuel Vilar Álvarez (antropólogo), Alexandre Nerium (poeta) e Xosé Mª Lema.

María Reimóndez, na Galería de Mulleres do Concello de Muxía

María Reimóndez, na Galería de Mulleres do Concello de Muxía

A escritora María Reimóndez está este mes de febreiro na Galería de Mulleres do Concello de Muxía, unha inciativa coa que se pretende dar a coñecer cada mes o labor dunha muller no eido das artes, as letras, a ciencia, etc.