Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: concello_de_noia

Presentación en Noia de “Todo o tempo do mundo” de David Pérez Iglesias

O venres, 4 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, rúa Corredoira de Luis Cadarso, s/nº, en Noia, terá lugar a presentación do libro Todo o tempo do mundo de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil, 2016. No acto, organizado en colaboración co Concello de Noia, participarán Agustín Agra, Manuel Bragado e David Pérez Iglesias.

Literatura policíaca e histórica: «Agosto de memoria e morte», de Xoaquín Fernández Leiceaga

Tanto La Voz de Galicia como El Correo gallego publicaron informacións sobre a presentación da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Noia de “Agosto de memoria e morte” de Xoaquín Fernández Leiceaga

O venres, 6 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, de Noia, terá lugar a presentación da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga. No acto, organizado pola Concellería de Cultura de Noia, a Asociación Cultural Barbantia e Xerais, participarán Xesús Laíño, Presidente de Barbantia; José Manuel Lage, Concelleiro de Cultura; e Xoaquín Fernández Leiceaga.

Presentación de “Trampa de luz” de Agustín Agra en Noia

O venres, 28 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, rúa Luís Cadarso, s/nº en Noia, terá lugar a presentación da novela Trampa de luz de Agustín Agra.