Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: concello_de_padrón

X. Ricardo Losada: «Faustino Rey Romero era unha persona fundamentalmente humana, nada sectaria, antifranquista declarado»

O xornal El correo Gallego fíxose eco da presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de Xosé Ricardo Losada, que tivo lugar o 29 de abril no Auditorio Municipal de Padrón. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Padrón de “Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo” de Xosé Ricardo Losada

O venres, 29 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Padrón, terá lugar a presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de Xosé Ricardo Losada. O acto está organizado polo concello de Padrón dentro da programación das Letras Galegas 2016.

Presentación en Padrón de “Follas novas” de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira

O mércores, 24 de febreiro,  ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, Campo do Souto nº 2,  de Padrón, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. O acto, organizado polo Concello de Padrón e Xerais,  contará coa participación de Manuel Bragado, Anxo Angueira Viturro, Chus Senín Fernández e Antonio Fernández Angueira, alcalde de Padrón.