Publicado o 4 Outubro, 2019 nas categorías Crónica, Presentacións
O venres 11 de outubro de 2019, ás 20:30 horas, na Casa de Rafael Dieste en Rianxo, terá lugar a presentación do libro Rafael Dieste. O libre pensamento de Luís Rei Núñez.
No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, Xerais e o Concello de Rianxo, intervirán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo; Xosé Ricardo Losada, profesor e escritor; Amparo Cereixo, profesora.
Ler máis →
Publicado o 16 Xaneiro, 2019 nas categorías Poesía, Presentacións
O vindeiro sábado 19 de xaneiro de 2019, ás 12:30, terá lugar no salón de actos (1º andar) do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de poemas O xiro, de Noelia Gómez, Premio López Abente 2018.
No acto participarán Raquel García Abuín (filóloga e concelleira de Cultura de Rianxo), Roberto Abuín (filósofo, editor e escritor) e a autora.
Ler máis →
Publicado o 27 Setembro, 2013 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 4 de outubro, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, rúa Autores da Rianxeira- Parque de Galicia, terá lugar a presentación de Iria de Anxo Angueira.
No acto, organizado polo Concello de Rianxo e Xerais, participarán X.L. Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos, Manuel Bragado e Anxo Angueira.
Ler máis →
Publicado o 20 Xuño, 2013 nas categorías Crónica, Presentacións
O sábado, 22 de xuño, ás 12:00 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro Do estigma á estima de Valentina Formoso.
No acto participarán Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo), Manuel Bragado e Valentina Formoso.
Ler máis →