Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: concello_de_ribeira

O Concello de Ribeira convoca a oitava edición do certame de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira. Noticia no xornal «El Correo Gallego»

O Concello de Ribeira convoca a oitava edición do concurso de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira. O premio está dotado con 3.000 euros, ademais da publicación da obra por Xerais. A noticia foi recollida polo xornal El Correo Gallego. (Imaxe: Un home estraño, de Antonio Tizón, obra gañadora da VI edición do certame). O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Amadeo López Cobas, Premio de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira con «A cacería»

A finais do pasado mes de xullo fallouse no Concello de Ribeira a V edición do concurso de novela curta «Cidade Centenaria», resultando gañadora a obra A cacería de Amadeo López Cobas, natural de Noia. Deste xeito consolídase un certame de novela curta do que xa resultaron gañadores Begoña Paz, Ignacio Silva, Goretti Fariña e David Pobra.