Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: concello_de_vigo

«Ledicia e Antonio, Vigueses Distinguidos», por Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo sobre o nomeamento da escritora Ledicia Costas e do poeta Antonio García Teijeiro, como vigueses distinguidos.

A escritora Ledicia Costas e o poeta Antonio García Teijeiro serán nomeados vigueses distinguidos

O alcalde de Vigo acordou onte propoñer á escritora Ledicia Costas e ao poeta Antonio García Teijeiro, como vigueses distinguidos, proposta que será trasladada ao pleno do vindiero luns 26 de marzo.

Homenaxe á escritora María Xosé Queizán coa inauguración dunha escultura no parque vigués que leva o seu nome

O Concello de Vigo realizou unha homenaxe á escritora María Xosé Queizán, que inaugurou «Fulgor», unha escultura de Juan Salgueiro, no parque que leva o nome da escritora. Recollemos a crónica publicada no Faro de Vigo.

24 de febreiro: Día de Rosalía

O luns, 24 de febreiro ás 12:00 horas, no Auditorio do Concello, Praza do Rei de Vigo, Fernando Pereira Bueno, autor de Rosalía de Castro. Imaxe e realidade, impartirá unha conferencia a escolares da cidade sobre “A imaxe da maior icona visual de Galicia”. Neste acto organizado polo Concello de Vigo, participarán Isaura Abelairas (Concelleira de Normalización), Manuel Bragado (Director de Xerais) e o autor.

O Concello de Vigo proxecta a película “O club da calceta” para escolares da cidade

O mércores, 23 de outubro, ás 10:30 horas, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, terá lugar a proxección do filme “O club da calceta” dirixido por Antón Dobao e baseado na novela de María Reimóndez O club da calceta.

A movida e o Vigo dos 80 en fotografías: hoxe preséntase «Vigo, a explosión dos ’80», de Víctor de las Heras

A movida e o Vigo dos 80 en fotografías: hoxe preséntase «Vigo, a explosión dos ’80», de Víctor de las Heras

A xornalista Ana Baena publicou no Atlántico unha reportaxe sobre Vigo. A explosión dos ’80, de Víctor de las Heras, que se presenta hoxe xoves 1 de decembro, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, na Praza do Rei, e que contará coa presenza do ex alcade Manoel Soto, do sindicalista Antonio Sangabriel, do músico Nicolás Pastoriza, do xornalista Fernando Franco, e do director de Xerais Manuel Bragado.

O Concello de Vigo propón a María Xosé Queizán como académica da RAG

O Xornal de Galicia recolle hoxe a nova de que «a Corporación viguesa aprobou por unanimidade no pleno deste luns apoiar a candidatura de ingreso de María Xosé Queizán na Real Academia Galega (RAG), polo seu “activismo cultural” e o seu “valor humano e intelectual”.