Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: concello_de_vilalba

O prazo para presentar obras ao Premio Agustín Fernández Paz remata o día 12 de xullo. Noticia no xornal El Progreso.

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia convocan o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. O prazo de presentación de orixinais remata o día 12 de xullo de 2019 (terceiro cabodano de Agustín Fernández Paz). A noticia foi recollida no xornal El Progreso. Pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Convocado o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia convocan o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. O prazo de presentación de orixinais remata o día 12 de xullo de 2019 (terceiro cabodano de Agustín Fernández Paz). As bases do premio poden lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Vilalba de “Fóra do normal” de María Reimóndez

O venres 7 de setembro de 2018 ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Fóra do normal de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017, convocado polo IESCHA e o Concello de Vilalba coa colabroración de Xerais. No acto participarán Marisa Barreiro, Manuel Bragado, Éric Dopazo, Agustín Baamonde, María Reimóndez e Fran Alonso.

Convocado o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

O Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade está promovido polo Instituto de Estudos Chairegos e polo Concello de Vilalba, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia, na honra de Agustín Fernández Paz.

Entrega en Vilalba do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade

O Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a entrega do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, María Reimóndez, que terá lugar o sábado, día 20 de xaneiro de 2018, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba. O acto, presentado por Carmen Hermida, contará coa intervención de Xabier P.

Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade

Presentáronse onte en Villaba as bases do Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, promovido polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o concello de Vilalba, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia.