Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: concello_do_grove

Presentación no Grove de ” A nena, o monstro e o mar” de Teresa González Costa

O venres 12 de xullo de 2019, ás 20:30 horas, na Sala das Cunhas, Praza do Corvo, 1, O Grove, terá lugar a presentación do libro A nena, o monstro e o mar  de Teresa González Costa. No acto, organizado coa colaboración do concello do Grove,  participarán Teresa González Costa e Fran Alonso.

Diego Alfonsín, Premio Lueiro Rey de Novela Curta con «Non o saben as estrelas»

O escritor Diego Alfonsín Rivero (Tui, 1980) resultou vencedor este luns do Premio Lueiro Rey de Novela Curta que concede o Concello do Grove coa novela Non o saben as estrelas, unha obra que, a xuízo do xurado, destaca pola súa «orixinalidade do seu traballo, polo seu carácter innovador e a súa capacidade para envolver o lector na historia que narra, así como pola redacción e a súa trama».