Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: consello_da_cultura_galega

Xerais edita 6000 copias do catálogo de Agustín Fernández Paz e prepara reedicións conmemorativas do escritor para este Nadal

A web do Consello da Cultura Galega publicou unha información sobre o catálogo que preparou Xerais sobre a obra de Agustín Fernández Paz.

Presentación en Santiago de “Atlas arqueolóxico da paisaxe galega”

O martes, 21 de xuño, ás 19:00 horas, no Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2º Piso, Santiago, terá lugar a presentación do libro Atlas arqueolóxico da paisaxe galega en edición deFelipe Criado Boado, César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño e Elena Cabrejas Domínguez e edición gráfica de Anxo Rodríguez Paz. No acto participarán Ramón Villares, Felipe Criado, César Parcero Oubiña e Manuel Bragado.

Roda de prensa-presentación de “Kid Salvaxe” de Carlos G. Reigosa

O venres, 11 de xullo, ás 12,00 horas, no Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2º Andar, Praza do Obradoiro de Santiago, terá lugar a roda prensa- presentación aos medios do poemario Kid Salvaxe de Carlos G. Reigosa. No acto participarán Manuel Bragado e Carlos G. Reigosa.

Vídeo de Illa Bufarda: «Xela e a palabra»

Illa Bufarda publicou na web do Consello da Cultura Galega dúas producións viodeográficas sobre as poetas Luísa Villalta e Xela Arias. Reproducimos o vídeo «Xela e a palabra», estreitamente vencellado coa importancia da figura e o traballo de  Xela Arias no nacemento e desenvolvemento de Edicións Xerais de Galicia.

O Consello da Cultura Galega organiza unha xornada sobre Xela Arias e Luísa Villalta

Xornada Xela Arias e Luísa Villalta: letras, interartes, proxectos na fin de século, 26 de marzo de 2014 no Consello da Cultura Galega.

Roda de prensa-presentación de “A vitoria do perdedor” de Carlos G. Reigosa

O luns, 11 de marzo, ás 12:00 horas, no Consello da Cultura Galega, terá lugar unha roda de prensa na que se presentará a nova novela de Carlos G. Reigosa A vitoria do perdedor. No acto participarán Manuel Bragado e Carlos G. Reigosa.

Unha visión inédita sobre o poeta: «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás. Crítica de Gustavo Hervella García

O soportal de literatura do Consello da Cultura Galega, LG3, publica unha recensión crítica de Gustavo Hervella García de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.

Presentación de “Poesía completa” de Valentín Paz Andrade en Compostela

O mércores, 10 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar a presentación de Poesía completa de Valentín Paz-Andrade en edición de Gregorio Ferreiro Fente. O acto, no que participarán Rosario Álvarez, Xesús Alonso Montero, Gregorio Ferreiro Fente e Manuel Bragado, terá lugar no Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro de Santiago.

O descenso aos infernos de Rexina Vega. Crítica de Lorena López López sobre «Dark butterfly»

O descenso aos infernos de Rexina Vega. Crítica de Lorena López López sobre «Dark butterfly»

Lorena López López publica unha recensión crítica sobre Dark butterfly, de Rexina Vega, en LG3, o portal de Literatura do Consello da Cultura Galega.   Unha dura vivencia Esta novela enfróntanos ao proceso da enfermidade mental como unha lenta e consciente deriva cara á escisión e a exclusión. Un literal descenso aos infernos ante o que a psiquiatría revela toda a súa impotencia.

Movida escríbese con V de Vigo. Recensión de Gustavo Hervella sobre «Vigo a 80 revolucións por minuto» de Emilio Alonso

O soportal de literatura do Consello da Cultura Galega, LG3, publica unha recensión crítica de Gustavo Hervella sobre o libro Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso.   Movida escríbese con V, de Vigo Crónica da movida viguesa da década de 1980 realizada por Emilio Alonso, colaborador activo deses acontecementos que supuxeron unha renovación conceptual das artes nunha época convulsa en Vigo.

Os Reis Magos ou San Nicolao? O noso estraño Nadal, ampla reportaxe sobre «Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal», de Antonio Reigosa

O soportal de literatura do Consello da Cultura Galega, LG3, publica unha ampla información sobre o libro de Antonio Reigosa  Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, ilustrado por Noemí López.   ANTONIO REIGOSA INDAGA NA ORIXE E NAS TRADICIóNS DESTAS CELEBRACIóNS NO NOSO PAíS O noso estraño Nadal O Nadal xa se celebraba antes do nacemento de Cristo.

Un dosier do Agustín Fernández Paz internacional

Un dosier do Agustín Fernández Paz internacional

LG3, o Soportal da Literatura Galega, do Consello da Cultura, publica un «Dosier de Agustín Fernández Paz internacional». Sen dúbida, Agustín Fernández Paz é o autor galego con máis recoñecementos internacionais. O seu traballo valeulle agora VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Cunha dotación de 30.000 dólares, o galardón está considerado como un dos máis importantes de Iberoamérica.