Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: conta_nove_estrelas

Utopía versus distopía que contribúe a forxar no lectorado en construción unha rebeldía necesaria: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Ánxela Gracián sobre o libro: Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Paula Mayor, publicado por Xerais na colección: Merlín. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018 – Lista de Honra 2019 da OEPLI. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Libros de Xerais na Lista de Honra 2019 da OEPLI

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica unha información sobre os libros galegos incluidos na Lista de Honra 2019 da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantl e Xuvenil).

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Unha escritora que ateiga de humanidade cada nova novela que publica: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, ilustrado por Paula Mayor. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.   «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras   O lector nunca deixa pasar a oportunidade de ler cada nova obra que Andrea Maceiras tira do prelo. E Conta nove estrelas Non ía ser a excepción.

Unha fermosa novela de ciencia ficción na que a aventura e afouteza dos seus protagonistas engaiola ao lectorado: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Paula Mayor. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín.   Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras Gañador do Premio Lazarillo 2018, Conta nove estrelas está escrito por Andrea Maceiras e conta coas ilustracións de Paula Mayor.

Andrea Maceiras: «Os protagonistas desta historia guíanse polos seus soños para ir máis alá». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «Conta nove estrelas»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista de Ana Abelenda á escritora Andrea Maceiras sobre o libro: Conta nove estrelas, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha das obras máis representativas da literatura infantil do noso tempo: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Paula Mayor. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2019

Do 1 ao 11 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1 de agosto, xoves 19:00 horas: Presentación de Quokka Moka de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada. 19:45 horas:  Conversa entre Érica Esmorís, Quen salva un can e Andrea Maceiras, Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018.

Un libro que combina a ciencia ficción e a fantasía cun lirismo moi marcado: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para falar sobre o libro: Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, ilustrado por Paula Mayor. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Unha incrible aventura na que a nena Quepi desobedecerá o mandato dos vixilantes para protexer un bobó tan especial coma ela

Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, ilustrado por Paula Mayor, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018. Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos.