Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: contomar

«¿E ti, que farías por min?» e «O elefante que non era elefante» léronse onte no Contomar

Onte luns léronse no Contomar (o contacontos que organiza Espazo Lectura todos os luns na Biblioteca Municipal de Gondomar) dous álbums da colección Merliño de Xerais: O elefante que non era elefante, de Marta Rivera Ferrer, que narra a historia dun elefante que malia ter grandes orellas, unha bonita cola e unha longa trompa négase a aceptar que é un elefante, e ¿E ti, que farías por min?, de Fina Casalderrey, a historia de amiz

«E ti que farías por min?» de Fina Casalderrey hoxe no Contomar

Malta e Marqués, dous cans que viven na rúa e pasan moita fame, achéganse ao vertedoiro na procura de algo de comida: mentres Malta remexe no lixo buscando algo de proveito, Marqués fálalle das moitas cousas que podería facer por ela… Esta é a historia de ¿E ti que farías por min?, de Fina Casalderrey, un dos contos protagonistas da sesión deste luns 10 de maio no Contomar.

«Linda á espreita», hoxe no Contomar de Espazo Lectura

Linda á espreita, de Alexander Steffensmeier, será un dos contos protagonistas da sesión do Contomar que organiza Espazo Lectura este luns, ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar. Coa historia de Linda, a vaca que se agochaba cada mañá para meterlle un susto ao carteiro, os membros do Contomar celebrarán o cumprecontos de Ruoqi.