Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: contos

O agasallo da escrita de Bernardino Graña: «O neno mariñeiro». Artigo de Xavier Queipo

O escritor Xavier Queipo publicou en Sermos Galiza un artigo sobre o libro O neno mariñeiro, de Bernardino Graña.

Novidade: «Elefante», de Manuel Darriba. Relatos sobre lugares que se resisten á escritura

O libro de relatos Elefante, de Manuel Darriba, é unha novidade de Xerais Narrativa. Relatos sobre mundos que integran un mundo poliédrico. Lugares que se resisten á escritura. As percepcións comparecen distorsionadas, fóra do refuxio da certeza. Manuel Darriba reivindica a etiqueta de «escritor transxénero». A súa narrativa está infiltrada de elementos poéticos. A súa poesía incorpora elementos narrativos.

Retorno á primeira marea: «O neno mariñeiro», de Bernardino Graña. Crítica de Camiño Noia

 A revista Tempos Novos publica unha recensión crítica de Camiño Noia sobre  a novela O neno mariñeiro, de Bernardino Graña. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Lectura de «O neno mariñeiro», de Bernardino Graña, na voz de Pepe Carreira

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha lectura, a cargo de Pepe Carreira, dun fragmento da novela O neno mariñeiro, de Bernardino Graña. A lectura pode escoitarse nesta ligazón.

Tesouros da memoria: «O neno mariñeiro», de Bernardino Graña. Crítica de Román Raña

 O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre a novela O neno mariñeiro, de Bernardino Graña. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Suite Artabria», de Manuel Lourenzo e «O neno mariñeiro», de Bernardino Graña, son os libros máis valorados na Tabela do mes de outubro

O Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, Suite Artabria, de Manuel Lourenzo (no primeiro posto) ,e novela O neno mariñeiro, de Berrnardino Graña (no segudno posto), son os libros máis recomendados no mes de outubro pola crítica da Tabela dos Libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Emoción e talento: «O neno mariñeiro», de Bernardino Graña. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a novela O neno mariñeiro, de Bernardino Graña (Foto de Xoan Carlos Gil / La Voz de Galicia)   Bernardino Graña mostra o seu ADN literario Un libro que dialoga con naturalidade e solidez con outras obras anteriores do autor Hai uns días o académico e escritor cangués Bernardino Graña cumpriu oitenta e cinco anos.

Bernardino Graña, o neno mariñeiro que cumpre 85 anos

O escritor Bernardino Graña, un clásico contemporáneo da literatura galega, cumpre hoxe 85 anos. Bernadino acaba de publicar con Xerais O neno mariñeiro, un libro no que relata os seus días da infancia, de fame e naufraxios na contorna mariñeira do Morrazo durante primeiros anos da guerra.

Roteiro «Polos Camiños de Bernardino Graña», polos camiños do neno mariñeiro, en Cangas

A AELG e a Deputación de Pontevedra promoven un roteiro «polos Camiños de Bernardino Graña», guiado por Heitor Mera, que percorre moitos dos lugares de referencia do seu recentísimo libro O neno mariñeiro, que acaba de publicar Xerais. A información pode consultarse neste pdf do Faro de Vigo.

Novidade: «O neno mariñeiro», de Bernardino Graña. Unha alfaia da literatura galega da memoria escrita por un clásico contemporáneo

O neno mariñeiro, de Bernardino Graña, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Elías, o afillado de Agustina, naceu no Seixo de Darbo, nunha casiña branca e de pedra. Pouco despois, nos tempos arrepiantes da guerra de España, naceron o seu irmán e a súa irmá, e a familia asentouse en Cangas, onde sempre se sentían as gaivotas.

Xurxo Souto: «As nosas historias son fascinantes, cómpre escoitar o veciño para atopar a marabilla»

O xornal La Opinión publica unha entrevista de Gemma Malvido ao escritor e  músico Xurxo Souto, que hoxe venres día 2 de xuño presenta 4ª edición de Contos da Coruña. Será ás 20 horas na Casa da Chencha (rúa San Xosé nº 2, A Coruña). O acto contará, ademais, coa poética e erudición de Xulio Montero. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación de “Poemas birollos para ler cos ollos” e “Contos nerviosos” de Fran Alonso nun espectáculo infantil na Coruña

O sábado, 1 de outubro, ás 12:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación para público miúdo do libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais, e do libro de contos Contos nerviosos, publicado por Embora, de Fran Alonso. O espectáculo infantil estará a cargo de Fran Alonso e Xela Alonso e presentará o editor Miguel Toval.