Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: corredora

María Reimóndez: «Todas temos ferramentas para a rebelión do día a día.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora María Reimóndez arredor das novelas En vías de extinción, Dende o conflito, A música dos seres vivos, As cousas que non queremos oír (as catro partes xa publicadas da serie Ciclo dos Elementos), A dúbida e Corredora, todas elas publicadas por Xerais.

9 libros infantís de Xerais na Selección 2017 de GALIX e a OEPLI

A OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, canda as súas organizacións territoriais, como GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) acaba de facer público a súa escolla e selección de 2017 nun catálogo dos mellores libros publicados, presentado na Feira de Boloña.

Opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre a novela «Corredora», de María Reimóndez

O blog As estelas dos ronseis publicou opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre a novela Corredora, de María Reimóndez, publicada na colección Fóra de Xogo.

Por todas as que quedaron no camiño e perderon a súa voz: «Corredora», de María Reimóndez. Recensión de de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a novela Corredora, de María Reimóndez, publicada na colección Fóra de Xogo.   «Corredora», de María Reimóndez A escritora, tradutora e intérprete María Reimóndez achégalles aos adolescentes esta novela necesaria e comprometida coa humanidade xa que lles dá voz aos seres máisdesfavorecidos da sociedade.

Libros publicados por Xerais finalistas da Gala do Libro Galego 2018

Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia fixeron públicas as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2018, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia.

María Reimóndez visita este sábado o Comando Le de Espazo Lectura para falar da súa novela «Corredora»

A escritora María Reimóndez estará este sábado 27 de xaneiro na Casa da Lectura, en Gondomar, no transcuros da Sesión do Comando Le de Espazo Lectura, un club de lectura dirixido a mozos e mozas adolescentes en horario nocturno, para falar da súa novela Corredora. A escritora reunirase cos membros do club de lectura e compartirá as súas palabras.

A novela «Corredora», da escritora María Reimóndez centrará o sábado o debate do Comando Le, de Espazo Lectura

A novela novela Corredora , da escritora María Reimóndez centrará a sesión do vindeiro sábado 25 de novembro, as actividades do Comando Le de Espazo Lectura, un club de lectura dirixido a mozos e mozas adolescentes en horario nocturno (de 20:00h a 00:00h). A escritora reunirase cos membros do club de lectura na sesión de xaneiro.

Un libro de grande interese, cunha prosa limpa e precisa: «Corredora», de María Reimóndez. Crítica de Berta Dávila

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública unha recensión crítica sobre a novela Corredora, de María Reimóndez, publicada na colección Fóra de Xogo.   Outubro de libros: Corredora Tiki Gelana, gañadora da medalla de ouro de maratón nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, é o punto de partida na construcción desta nova novela para mozas que asina María Reimóndez (Lugo, 1975).

María Reimóndez entrevista a Genet Mullugueta, a atleta que protagoniza a súa novela «Corredora», para a revista Criaturas

A revista Criaturas publicou unha entrevista de María Reimóndez a Genet Mullugueta, a atleta etíope que é a protagonista da súa novela Corredora. A entrevista pode lese ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación de “Corredora” de María Reimóndez na Feira do Libro de Rianxo

O sábado, 22 de xullo, ás 20:30 horas, na Feira do Libro de Rianxo, terá lugar a presentación do libro Corredora de María Reimóndez. No acto participarán Manuela Vázquez Coto e María Reimóndez.

Unha novela orixinal, con selo propio, que transmite valores: «Corredora», de María Reimóndez. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela Corredora, de María Reimóndez, publicada na colección Fóra de Xogo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

María Reimóndez: «A literatura é un medio moi poderoso»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena á escritora  María Reimóndez sobre a súa novela Corredora.   Reimóndez: «A literatura é un medio moi poderoso» A escritora, veciña da cidade, presentou na Feira do Libro “Corredora”, onde conta a historia de Genet, unha moza etíope María Reimóndez presentou o seu último libro, onte, na caseta de Xerais, acompañada por Ramón Nicolás.