Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: costa_do_solpor

A ruta marítima elaborada a partir da novela «Costa do solpor», de Xosé María Lema, dispoñible na web da AELG

Xa está dispoñible na web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Ruta marítima da novela Costa do Solpor, de Xosé María Lema, coa novidade de que, ademais da versión en galego, tamén se inclúe a tradución ao castelán (La ruta marítima de la novela Costa do Solpor) e ao inglés (The route of the novel Costa do Solpor).

A riqueza desta obra é extremadamente impresionante. Palabras de Dieter Kremer, sobre «Costa do solpor»

O catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Tréveris (Alemaña), Dieter Kremer, trasladoulle ao autor de Costa do solpor, Xosé María Lema, a súa eloxiosa opinión tras a lectura da novela.

Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017

Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica da actividade e presentacións dos libros de Xerais na Feira do Libro da Coruña.       Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017 Rematamos onte tres días de intensa participación na Feira do Libro da Coruña.

Lecturas para o verán, por Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás recomenda no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha serie de lecturas para o verán 2017.   Os fillos do lume Retorna un dos autores de máis éxito entre nós. Faino cunha novela coral que permite mergullarnos, con axilidade e humor, no pasado da cidade de Vigo coa intención de devolver, ou evocar, algúns dos rasgos da súa propia e singular idiosincrasia.

Lectura lectura áxil e axeitada para a adolescencia: «Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro», de Xosé Mª Lema

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre a novela Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro, de Xosé Mª Lema.   Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro Xosé Mª Lema adapta a novela Costa do Solpor a unha novela dirixida á xuventude co mesmo título e cun subtítulo: Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro, publicada arestora na colección Fóra de Xogo da editorial Xerais.

Medio cento de profesores e profesoras asistiron á ruta literaria Costa do Solpor a pasada fin de semana

A pasada fin de semana celebrouse a terceira ruta Costa do Solpor, organizada polo CAFI e coordinada por Xosé Carlos Rodróguez, en base á novela do mesmo título de Xosé Mª Lema. A ruta prolongouse durante todo o día (das 9,30 ás 20,00 horas). Asistiron 57 profesores/as de toda Galicia, tanto en autobús como en vehículos particulares.

50 profesores e profesoras participarán o sábado no Roteiro Costa do Solpor, seguinto os itinerarios da novela de Xosé María Lema

O vindeiro sábado terá lugar, por segunda vez, o Roteiro Costa do Solpor a partir do libro Costa do Solpor de Xosé María Lema, organizado polo CAFI. Asistirán arredor de 50 profesores, que acuden de diversos puntos de Galicia (Monforte de Lemos, Vigo, Baiona, Santiago de Compostela…) e que, ao longo de todo o día, percorrán os principais espazos nos que se desenvolve a novela.

Inaugurada a ruta turístico-literaria da novela «A Costa do Solpor», de Xosé María Lema

O pasado  17 de outubro realizouse, da man da AELG, a excursión inaugural a ruta literaria da novela Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema, que foi magnificamente ben acollida polos participantes. No blog Costa do Solpor publicouse unha crónica do día, que se pode ler nesta ligazón. A ruta leva os viaxeiros polos principais escenarios, a través do tempo, nos que se desenvolveu, en agosto de 1761, a narración.

Excursión a partir da ruta da novela «Costa do solpor», de Xosé Mª Lema

A AELG anima a participar o vindeiro 17 de outubro na excursión que se fará a partir da ruta da novela Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema.

Texto de Xaquín de Roca sobre «Costa do Solpor», de Xosé Mª Lema

Galicia Dixital publica un texto de Xaquín de Roca lido na presentación da novela Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema.     A costa do solpor Que pinto eu, Xaquín de Roca, que son de terra adentro, falando do mar fisterrán e da Costa da Morte, cando o primeiro barco no que entrei foi na Lancha de Mugardos cando xa tiña 26 anos.

Presentación en Ferrol de “Costa do Solpor” de Xosé Mª Lema

O martes, 28 de abril, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, Rubalcava 30-32 (esquina rúa María) de Ferrol, terá lugar a presentación do libro Costa do Solpor de Xosé Mª Lema. Costa do Solpor, unha novela de aventuras (piratas, abordaxes, tesouros…) ambientada na Costa da Morte e na Coruña do séc. XVIII, foi galardonada co Premio da Crítica Galicia (creación literaria) 2014.

Sobre a presentación da nova edición de «Costa do Solpor» de Xosé Mª Lema. Anotación de Miro Villar

O escritor Miro Villar publicou no seu blog unha anotación sobre a presentación da 2ª edición da novela Costa do Solpor  de Xosé Mª Lema.