Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: criticalia

«Os corpos invisibles», de Emma Pedreira, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de novembro

Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro de 2019. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

«Historia da literatura galega IV», de Xosé Ramón Pena, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de abril

Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril.

«Tres pintores», de Cid Cabido, é o libro máis recomendado na Tabela dos Libros de decembro

Tres pintores, de Cid Cabido, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de decembro. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

«O meu nome é Ninguén» de Manuel Esteban e «A balada dos unicornios» de Ledicia Costas, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de outubro

O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de setembro. En terceiro lugar sitúase outro texto de Xerais: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas.

«O exército de fume» de Manuel Gago e «Non o saben as estrelas» de Diego Alfonsín, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de setembro

O exército de fume, de Manuel Gago, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de setembro. En terceiro lugar sitúase outro texto: Non o saben as estrelas, de Diego Alfonsín.

«Contra todo isto» de Manuel Rivas e «Maternidade fóra de catálogo» de Marga Tojo, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de xuño

O ensaio Contra todo isto, de Manuel Rivas, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de xuño. En terceiro lugar sitúase outro texto ensaístico: Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo.

Os libros de poemas «Corpo», de Antón Lopo, e «Street Poems», de Fran Alonso, lideran os máis recomendados na Tabela dos Libros de maio

O libro de poemas Corpo, de Antón Lopo, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de maio. En terceiro lugar sitúase outro texto poético, Street Poems, de Fran Alonso. A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de ranking que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

O libro de poemas «Soños. Arquivos. Cartas», de María do Cebreiro, e a novela «Noites de safari», de Marleen MaLone, lideran os máis recomendados na Tabela dos Libros de abril

O libro de poemas Soños. Arquivos. Cartas, de María do Cebreiro, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril. En terceiro lugar sitúase a novela Noites de safari, de Marleen MaLone, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados» por Iolanda Zúñiga.

O álbum «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz, e a novela «Fóra de si», de Suso de Toro, son os libros máis recomendados na Tabela dos Libros de marzo

O álbum Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de marzo, seguido da novela Fóra de si, de Suso de Toro.

O libro de relatos «Elefante», de Manuel Darriba, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros

 O libro de relatos Elefante, de Manuel Darriba, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de febreiro. A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de rankquing que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

A novela «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo, entre os libros máis recomendados na Tabela dos libros

 A novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo figura entre os libros máis recomendados na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual para o que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

A novela «A arte de trobar», de Santiago Lopo, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros

A novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro. A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de rankquing que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.