Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: crónica

O libro «A prensa en Galicia na Transición», de Marcos Pérez Pena, Premio da Crítica de Galicia 2017

O xornalista Marcos Pérez Pena recibiu onte o Premio da Crítica Galicia 2017 na categoría de Investigación polo seu libro A prensa en Galicia na Transición, publicado por Xerais.

Ouro negro: «O volframio en Varilongo», de Carmen Blanco Ramos. Crítica na revista do Centre d’Estudis Històrics Internacionals da Universitat de Barcelona

A revista IHE do Centre d’Estudis Històrics Internacionals da Universitat de Barcelona publicou (en catalán, con tradución ao castelán) unha recensión crítica do libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos. A recensión pódese descargar en pdf nesta ligazón.

Unha memoria que escoce: «A prensa en Galicia na Transición», de Marcos Pérez Pena. Crítica de Emilio Insua

Emilio Xosé Ínsua publicou no seu blog  unha recensión crítica sobre A prensa en Galicia na Transición, de Marcos Pérez Pena, previamente publicada na revista Aulas Libres.     Galiza, Prensa, Transición: unha memoria que escoce Na colección Memoria das Edicións Xerais de Galicia editouse no ano que acaba de pasar esta monografía de Marcos Pérez Pena, chamada a ser un referente imprescindíbel na súa temática.

Un libro recomendable sobre os anos convulsos: «A prensa en Galicia na Transición», de Marcos Pérez Pena. Crítica de Gustavo Hervella

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Gustavo Hervella García sobre A prensa en Galicia na Transición, de Marcos Pérez Pena. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Marcos Pérez Pena: «Ao falar de Galicia como unidade, distinta de España, os medios tamén axudaron á construción nacional de Galicia»

O xornal Praza Pública ofrece unha entrevista co xornalista Marcos Pérez Pena sobre o seu libro A prensa en Galicia na Transición.

Traballo exemplar: «A prensa en Galicia na Transición», de Marcos Pérez Pena. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro A prensa en Galicia na Transición, de Marcos Pérez Pena. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha época de «western» galego que cómpre levar ao cine: «O volframio en Varilongo», de Carmen Blanco Ramos. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

23 testemuños sobre o volframio: «O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963)», de Carmen Blanco Ramos

O blog Palabras da man ao corazón publicou unha anotación sobre o libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos.     Letters in Books: O wolframio en Varilongo. Santa Comba de Xallas (1941-1963) Hai unha semana, presentouse o libro O volframio en Varilongo.

«O volframio en Varilongo», Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos

A web Lermos.gal faise eco da publicación do libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos.   «O volframio en Varilongo» de Carmen Blanco Ramos O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos.

O mundo do volframio tentou numerosos autores de ficción e non ficción, como «O volframio en Varilongo», de Carmen Blanco Ramos. Artigo de X. L. Méndez Ferrín

O escritor X. L. Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo un artigo sobre a actualidade literaria e cinematográfica do volfram arredor da película «Lobos sucios» e o libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos.

Aquela nova California: «O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963)», de Carmen Blanco Ramos. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre sobre o libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos.

Varilongo, a memoria do ouro negro que marcou a un pobo

El Correo Gallego publicou unha información de Cris Botrán sobre o libro O volframio en Varilongo, Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.