Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: crtvg

Poesía narrativa e moito humor para contar a historia de dez gatiñas moi rebuldeiras que percorren toda a xeografía galega: «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección: Pequeno Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 25´.

Un relato sobre a memoria da mocidade feliz que definitivamente marchou de onda nós: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Amador Castro: «Esta é a miña novela máis autobiográfica e a que menos me costou escribir, xa que a fixen de corrido»: «Shanghai a Barcelona». Entrevista no «ZigZag Fin de Semana»

O programa ZigZag Fin de Semana da TVG, que presenta a xornalista María Solar, emitiu unha entrevista co escritor Amador Castro Moure sobre o libro: Shanghai a Barcelona, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 07.40″.

Manuel Bragado: «O libro é unha escolma de mil traballos que se publicaron ao longo de 20 anos». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Vigo, puro milagre»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Manuel Bragado sobre o libro: Vigo, puro milagre, publicado por Xerais na colección: Crónica. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 12.00″.

A poesía como testemuño do que houbo e do que queda: «Onde nacen as hedras», de Ana Varela. Entrevista no «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista coa escritora Ana Varela sobre o libro: Onde nacen as hedras, publicado por Xerais na colección Poesía. O libro gañou o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Isidro Dubert: «A emigración tén unha gran responsabilidade no avellentamento demográfico de Galicia». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «A morte de Galicia»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co catedrático de Historia Moderna Isidro Dubert sobre o libro: A morte de Galicia, publicado por Xerais na colección: Crónica. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Amador Castro: «A moralina do libro é que non hai paraíso no mundo actual . O paraíso está dentro de nós». Entrevista na Radio Galega sobre: «Shanghai a Barcelona»

O programa Un País Mundial, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co escritor Amador Castro Moure sobre o libro: Shanghai a Barcelona, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019 A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Nazaret López: «A querencia máis primaria que eu recordo en min é a de ser escritora». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Formigas nos pés»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa xornalista e escritora Nazaret López sobre o libro: Formigas nos pés, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Dous libros que abordan a diversidade sexual e de xénero: «As estacións do lobo», de María Reimóndez e «Transmatria», de Daniel Asorey. Intervención de Eva Mejuto no Zig Zag Diario

Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre libros que abordan a diversidade sexual e de xénero, con mención a dúas obras publicadas por Xerais: As estacións do lobo, de María Reimóndez, e Transmatria, de Daniel Asorey. A súa intervención pode verse nesta ligazón.

Unha trama argallada para reivindicar eses corpos invisibles das mulleres que pasaron pola historia sen deixar pegada: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. Anotación de Eva Mejuto no «Zigzag Diario»

Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre o libro: Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019. A súa intervención pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 02.25″.

Unha obra que conecta cunha serie de propostas que se fixan na desarticulación do mundo tradicional: «Onde nacen as hedras», de Ana Varela. Crítica de Alba Cid no Diario Cultural

Alba Cid interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Onde nacen as hedras, de Ana Varela, publicado por Xerais na colección Poesía. O libro gañou o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

O relato dun desamor nunha obra moi ben escrita e moi recomendable: «Formigas nos pés», de Nazaret López. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Formigas nos pés, da xornalista e escritora Nazaret López, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.