Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cuarto_minguante

Unha comedia da emigración: «Cuarto minguante», de Bautista Álvarez. Crítica de César Lorenzo Gil

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Cuarto minguante, de Bautista Álvarez.     «Cuarto minguante», unha comedia da emigración Bautista Álvarez recrea en Cuarto minguante, publicado por Xerais, a aldea da súa infancia, Loucía, no concello de San Amaro.

Amenidade e boa escrita: «Cuarto minguante», de Bautista Álvarez. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Cuarto minguante, de Bautista Álvarez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Retratos dunha Galicia desaparecida que se len con pracer: «Cuarto minguante», de Bautista Álvarez. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Cuarto minguante, de Bautista Álvarez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación de “Cuarto minguante” de Bautista Álvarez en Santiago

O mércores, 22 de abril, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural “Vide-Vide”, rúa Fonte de Santo Antonio, 10 de Compostela, terá lugar a presentación do libro Cuarto minguante de Bautista Álvarez. No acto, organizado pola Agrupación Cultural O Galo coa colaboración da Fundación Bautista Álvarez e Xerais, participarán Mónica Places (responsable de talleres de escritura da Agrupación Cultural o Galo) e o autor.

Presentación en Santiago de “Cuarto minguante” de Bautista Álvarez

Debido a enfermidade do autor, suspéndese esta presentación. Desculpen as molestias.

Presentación de “Cuarto minguante” de Bautista Álvarez en Foz

O venres, 13 de marzo, ás 20:30 horas, na librería Bahía, Avda da Mariña, 40 de Foz, terá lugar a presentación da novela Cuarto minguante de Bautista Álvarez. No acto, organizado pola Asociación Cultural A Pomba do Arco, A Fundación Bautista Álvarez, a librería Bahía e Xerais, participarán Xoán Ramón Fernández Pacios (Presidente da Asociación Cultural A Pomba do Arco) e Bautista Álvarez.

Dúas novelas que só poderían ser escritas en Galicia: «Cuarto minguante» e «Amor en alpargatas». Artigo de Alfredo Conde

O escritor Alfredo Conde publicou un artigo en El Correo Gallego no que fala de dúas novelas publicadas recentemente por Xerais: Cuarto minguante, de Bautista Álvarez e Amor en alpargatas, de Manuel Portas.   Dúas lecturas ONTE lin dous libros que só poderían ter sido escritos en Galicia. Os dous están publicados por Edicións Xerais. Trátanse de dúas novelas.

Unha Galicia próxima pero esquecida: «Cuarto minguante», de Bautista Álvarez. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre a novela Cuarto minguante, de Bautista Álvarez. Dunha Galicia próxima, mais esquecida Bautista Álvarez ofrécenos nesta novela a imaxe dunha Galicia aínda próxima, mais que hoxe parece esquecida.

A emigración, un feito que marcou a historia de Galicia: «Cuarto minguante», de Bautista Álvarez

A edición de Ourense de La Voz de Galicia publicou unha información sobre a novela Cuarto minguante, de Bautista Álvarez. A información pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Un autor que sabe facer con sabedoría: «Cuarto minguante», de Bautista Álvarez. Anotación en Brétemas

Un autor que sabe facer con sabedoría: «Cuarto minguante», de Bautista Álvarez. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela Cuarto minguante, de Bautista Álvarez.     «Cuarto minguante» Non pode quedar atrás recoller as palabras que Pilar García Negro pronunciou no serán do pasado sábado en Casal de Armán na presentación de Cuarto minguante, a primeira novela de Bautista Álvarez.

Bautista Álvarez: «A emigración a América foi o verdadeiro drama». Entrevista de Carme Vidal

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Carme Vidal a Bautista Álvarez sobre a súa novela Cuarto minguante.   Bautista Álvarez “A emigración é o noso gran drama e merecía ter máis consideración literaria” Con Retallos daquela infancia,Bautista Álvarez descubriuse como escritor de narrativa. Tan só un ano despois sae publicada a súa primeira novela, Cuarto minguante (Xerais).

Presentación en Ribadavia de “Cuarto minguante” de Bautista Álvarez

O sábado, 21 de febreiro, ás 17:30 horas, no restaurante Casal de Armán, na parroquia de Santo André de Campo Redondo, en Ribadavia, tera lugar a presentación da novela Cuarto minguante de Bautista Álvarez.     No acto, organizado pola Mesa O Carballiño-Ribeiro, a Agrupación Cultural Auriense, a Fundación Bautista Álvarez e Xerais, intervirán Pilar García Negro, Manuel Bragado e Bautista Álvarez.