Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: culturgal

Xerais no Culturgal 2018

Os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro terá lugar en Pontevedra o Culturgal 2018 para o que Xerais preparou o seguinte programa: Venres 30 de novembro ESPAZO FORO: 19:30-20:00 Pepe Barro fala de Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza. Presenta Fran Alonso. Ao remate, sinatura no stand de Xerais. ESPAZO LIBRO: 20:00-20:30 Presentación “Libros do Ciclo dos elementos” de María Reimóndez.

Alberto Canal, Manuel Gago e os retos da novela histórica en Galicia

O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe en torno a dous dos escritores  que debateron sobre a novela histórica no Culturgal, Manuel Gago e Alberto Canal, que partiron das súas respectivas novelas, O anxo negro e O amor nos escuros días de Birkenau. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Vide ao Cultural 2016!

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Xerais e o Culturgal 2016.   Vide ao Cultural 2016! No serán de onte aquelamos o Culturgal, unha das nosas citas anuais principais. No espazo de Xerais lembraremos a Agustín e difundiremos a eito o seu catálogo literario, unha herdanza moi valiosa que nos legou a xeracións de lectores vellos e futuros na nosa lingua.

Anselmo López Carreira: «Esa idea de Galicia como país no que non se innovou nada, resignado desde sempre, é unha falacia»

BiosBardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a Anselmo López Carreira sobre o seu libro Historia de Galicia.

Vídeo da presentación de «Vento e chuvia» no Culturgal a cargo de Manuel Gago e Manel Cráneo (vídeo de Redelibros)

Redelibros publicou un vídeo co intervención de Manuel Gago e Manel Cráneo para presentar o seu libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia.

Entrevista de Montse Dopico a Anselmo López Carreira pola súa «Historia de Galicia» no Culturgal (vídeo de Redelibros)

Redelibros publicou un vídeo coa entrevista que Montse Dopico lle fixo a Anselmo López Carreira sobre o seu libro Historia de Galicia.

Entrevista de Camilo Franco a Luís Rei Núñez polo seu libro de relatos «Días que non foron» no Culturgal (vídeo de Redelibros)

Redelibros publicou un vídeo coa entrevista que Camilo Franco lle fixo a  Luís Rei Núñez no Culturgal polo seu libro de relatos Días que non foron.

Entrevista de Camilo Franco a Rosa Aneiros pola súa novela «Destino Xalundes« no Culturgal (vídeo de Redelibros)

Redelibros publicou un vídeo coa entrevista que Camilo Franco lle fixo a Rosa Aneiros no Culturgal pola súa novela Destino Xalundes, primeiro volume da triloxía Ámote Leo A.

Vídeo da presentación do libro «Sarou / Louzós», de Ramón Caride, durante o Culturgal

Vídeo publicado por Redelibros da presentación do libro Sarou / Louzós, de Ramón Caride, durante o Culturgal.

Unha lectura de «As voces baixas» a cargo de Manuel Rivas. Vídeo

Manuel Rivas realiza unha lectura da súa última novela  As voces baixas durante o Culturgal, presentado por Manuel Bragado. Vídeo gravado e publicado por Redelibros.

Vídeo da conversa de Alberto Ramos con Rexina Vega sobre «Dark butterfly» no Culturgal

Vídeo publicado por Redelibros da conversas que mantivo Alberto Ramos coa escritora Rexina Vega sobre a súa novela Dark butterfly durante o Culturgal.

Programación de Xerais no Culturgal 2012

Xerais estará presente no Culturgal 2012, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro. Eis o programa de presentacións, conversas e sinaturas con autores e autoras da editorial. Venres 30 de novembro: 11:30 horas, Salón: Marcos Calveiro en conversa cun club de lectura escolar do IES de Poio.