Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: dani_padrón

Das calidades da paciencia: «Unha fábrica de bicos», de María Canosa. Anotación de María Navarro no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Unha fábrica de bicos, de María Canosa, con ilustracións de Dani Padrón, publicado por Xerais na colección: Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un divertido relato sobre o dereito a elexir momentos e persoas para bicar: «Unha fábrica de bicos», de María Canosa e Dani Padrón. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Unha fábrica de bicos, de María Canosa, con ilustracións de Dani Padrón, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

Unha obra que estimula o imaxinario dos mais pequenos e o pensamento dos maiores: «Unha fábrica de bicos», de María Canosa. Anotación en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha noticia sobre os novos libros publicados pola escritora ceense María Canosa, con mención a dous títulos publicados por Xerais: O lado do que dormes e Unha fábrica de bicos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Os libros infantís máis esperados e celebrados: «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea», de Rosa Aneiros e «Unha fábrica de bicos», de María Canosa. Reportaxe no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por Olalla Sánchez sobre as novidades editoriais para a rapazada, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Unha fábrica de bicos, de María Canosa e Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nestas ligazóns: Os libros infantís máis esperados e celebrados. La Voz de Galicia 1.

Novidade: «Unha fábrica de bicos», de María Canosa. A historia de Mindi, una nena á que non lle gustan os bicos

Unha fábrica de bicos, de María Canosa, con ilustracións de Dani Padrón, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais. A Mindi non lle gustan os bicos. Nin sequera un pouco, a pesar de recibilos. Esa pode ser a razón de que non os dea. Quizais si ou quizais non.

Unha obra fundamental para que o lectorado xuvenil aumente a súa enciclopedia lectora: «Vinte mil leguas baixo dos mares», de Jules Verne. Anotación en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Raquel Senra Fernández sobre o libro: Vinte mil leguas baixo dos mares, de Jules Verne, con ilustracións de Dani Padrón. O libro está publicado por Xerais na colección Xabarín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Jules Verne regresa aos mares de Galicia: «Vinte mil leguas baixo dos mares», de Jules Verne. Anotación no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación de Daniel Salgado sobre o libro: Vinte mil leguas baixo dos mares, de Jules Verne, con ilustracións de Dani Padrón. O libro está publicado por Xerais na colección: Xabarín.   Jules Verne regresa aos mares da Galiza Jules Verne estivo dúas veces en Vigo. Non por coñecidas deixan de ser estas visitas fascinantes.

A lectura necesaria dun clásico na nosa lingua: «Vinte mil leguas baixo dos mares», de Jules Verne. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Vinte mil leguas baixo dos mares, de Jules Verne, con ilustracións de Dani Padrón, publicado por Xerais na colección Xabarín. Vinte mil leguas baixo dos mares, de Jules Verne   Necesaria lectura dun clásico na nosa lingua. Xerais publica Vinte mil leguas baixo dos mares de Jules Verne con ilustracións de Dani Padrón.

Unha obra moi necesaria da que xa podemos gozar nunha nova edición: «Vinte mil leguas baixo dos mares», de Jules Verne. Anotación en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación de Eduardo Rolland sobre o libro: Vinte mil leguas baixo dos mares, de Jules Verne, con ilustracións de Dani Padrón. O libro está publicado por Xerais na colección: Xabarín. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Vinte mil leguas baixo dos mares», de Jules Verne. Unha obra mestra que segue a fascinar cento cincuenta anos despois da súa aparición

Vinte mil leguas baixo dos mares, de Jules Verne, ilustrado por Dani Padrón, é unha novidade da colección Xabarín. A obra foi traducida por Mercedes Pacheco e Llerena Perozo O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño.

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.

Vitaminas de autenticidade, unha novela nutritiva e recomendable: «A cazadora de estrelas», de María Canosa. Crítica de Celia Pereira Porto

A revista Criaturas publicou unha recensión de Celia Pereira Porto sobre a novela infantil A cazadora de estrelas, de María Canosa, ilustrada por Dani Padrón.   O impresionismo estelar Hai libros que están feitos de cores. Aprendino a primeira vez que lin A cazadora de estrelas.