Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: daniel_asorey

Unha escrita que emerxe como un berro procedente do interior de cada un de nós: « Transmatria», de Daniel Asorey. Anotación de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou nos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro: Transmatria, de Daniel Asorey. O libro gañou o XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu, e está publicado por Xerais na colección Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «As mulleres da fin do mundo», de Daniel Asorey. Unha novela que nos deixa sen alento

As mulleres da fin do mundo, de Daniel Asorey, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Rebeca observa dende a xanela do seu cuarto a destrución da Capital do Mundo e emprende unha marcha na procura da supervivencia. Fóra de Muros, Blau, muller por decisión propia, lidera o seu pobo nunha revolta contra a inxustiza e a desigualdade.

Presentación en Santiago de “Transmatria” de Daniel Asorey

O martes 12 de marzo de 2019 ás 20:30 horas, na libraría Chan da Pólvora, rúa de San Pedro, 74, Santiago, terá lugar a presentación do libro Transmatria de Daniel Asorey, XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. Acompañarán ao autor Susana Arins, Laura Bugallo e Fran Alonso.

Novidade: « Transmatria», de Daniel Asorey. Versos que agroman do corpo e da súa capacidade transformadora

Transmatria, de Daniel Asorey, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. O libro gañou o XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. Transmatria é un libro contundente, comprometido, con versos que agroman do corpo e da súa capacidade transformadora.

Daniel Asorey, premio Johán Carballeira de Poesía por «Transmatria»

O escritor Daniel Asorey (Santiago de Compostela, 1970) é o gañador da XXI edición do premio Johán Carballeira de Poesía pola súa obra Transmatria, que será editada por Xerais na súa colección de poesía. Este premio está organizado polo Concello de Bueu e nesta edición o seu xurado estivo presidido por María Reimóndez, gañadora da edición anterior polo seu libro de poemas Galicia en bus.