Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: david_garcía

Xerais dedica o seu calendario 2020 ás traballadoras de Massó, a antiga conserveira de Bueu. Reportaxe no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe asinada por David García sobre o calendario de Xerais para o ano 2020, que está composto por imaxes das traballadoras de Massó, a antiga conserveira de Bueu. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

María Reimóndez, Premio de Poesía Johán Carballeira co libro «Galicia en bus»

A escritora María Reimóndez resultou gañadora esta fin de semana da XX edición do  Premio de Poesía Johán Carballeira que convoca o Concello de Bueu e publica Xerais. O xurado, constituído polas escritoras Pura Tejelo e Antía Otero, e o escritor e crítico Ramón Nicolás, acordou conceder por maioría o premio á obra Galicia en bus, que resultou ser da autoría de María Reimóndez.

Mª Carmen Caramés: «No poemario quería chegar a ese punto da realidade tráxica que é a cantidade de mulleres que están a morrer pola violencia de xénero»

Faro de Vigo publicou unha entrevista de David García a Mª Carmen Caramés Gorgal, gañadora do XVII Premio Johan Carballeira de Poesía, do Concello de Bueu co poemario Dos días escuros, que publicará Xerais.

Xosé Álvarez Castro: «O golpe do 36 é un pasado non ausente, aínda non foi explicado obxectivamente»

Faro de Vigo publicou unha entrevista de David García a Xosé Álvarez Castro con motivo dunha conferencia que impartiu a pasada fin de semana en torno ao seu libro Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939) (foto de Gustavo Santos).