Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: david_pobra

Feira do Libro de Ribeira 2017. Actos de Xerais

Do 22 ao 25 de xuño terá lugar a Feira do Libro de Ribeira 2017 na que Xerais ten os seguintes actos: Día 24 de xuño, sábado 20:00 h.

Un xogo moi orixinal: «Liña azul», de David Pobra». Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre a novela  Liña azul, de David Pobra.

Agradable sorpresa: «Liña azul», de David Pobra. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre a novela Liña azul, de David Pobra. A recensión crítica pode lerse ou descargarse neste enlace.

Metanovela popular: «Liña azul» de David Pobra. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación na Pobra do Caramiñal da novela Liña azul de David Pobra, gañador do IV Premio de Novela Curta »Cidade Centenaria de Riveira».

Presentación n’ A Pobra de “Liña azul” de David Pobra

O venres, 18 de xullo, ás 21:00 horas, no Auditorio do Museo Valle Inclán d’ A Pobra, terá lugar a presentación da novela Liña azul de David Pobra. No acto, organizado polo concello d’ A Pobra e Xerais, participarán Isaac Maceiras Rivas, alcalde, Encarna González Montemuíño, concelleira de cultura, Manuel Bragado, director de Xerais e David Pobra.

Novela de intriga e reflexión metaliteraria: «Liña azul», de David Pobra. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Liña azul, de David Pobra. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Presentación en Ferrol de “Liña azul” de David Pobra

O venres, 11 de xullo, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol, terá lugar a presentación da novela Liña azul de David Pobra. No acto participarán Isaac Lourido e David Pobra.

Unha reflexión sobre a estrutura narrativa: «Liña azul», de David Pobra. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso  publicou no seu blog unha recensión crítica da novela Liña azul, de David Pobra.

Novela sobre todo subversiva: «Liña azul», de David Pobra. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica da novela Liña azul, de David Pobra.

David Pobra: «Xoguei coas claves da novela negra, pero déixolle claro ao lector que ten que facer o seu traballo». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a David Pobrasobre a súa novela Liña azul.     “Escribir non é só cousa de grandes mentes, porque toda persoa ten o seu lado creativo” Pode parecer unha obra de xénero negro, mais non. É unha novela metaliteraria. Na que o personaxe se rebela contra o autor. Ou se cadra contra si mesmo. Así é ‘Liña azul’ de David Pobra.

A literatura dentro da literatura: «Liña azul», de David Pobra. Comentario crítico de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira  sobre a novela Liña azul, de David Pobra.

Un exercicio lúdico e metaliterario; unha nova xeración que promete grandes momentos. «Liña azul», de David Pobra

Os xornais La Voz de Galicia e Diario de Ferrol dan conta da publicación de Liña azul, de David Pobra.   Liña azul Chega agora ás librerías Liña azul, o debut novelístico de David Pobra, o personaxe creado por David Pérez González (A Pobra do Caramiñal, 1981), e que mereceu o premio Cidade Centenaria de Riveira. Xa dende o xogo nominativo está presente a vocación por facer literatura dentro da literatura.