Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: david_sierra

Ramón D. Veiga: «Reivindicamos o Samaín moderno: saír disfrazado polas rúas, pedir chuches polas casas…»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Marcos Pérez Pena a Ramón D. Veiga, autor do álbum Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, ilustrado por David Sierra.   «A un neno dálle igual de onde vén o Samaín, o que quere é pasalo ben» Esta noite chega o Samaín (ou Halloween para quen o prefira). A noite dos mortos, unha noite para pasalo de medo.

A familia de Violeta celebra o Samaín e as súas tradicións: «Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín», de Ramón D. Veiga e David Sierra

A guía de ocio infantil La Mariola publicou unha información sobre o álbum Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra, que se presenta esta tarde no café Badía en Teis.   Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín A poucos días de celebrar o Samaín temos o conto perfecto: Violeta quere ser vampiro. Un libro escrito por Ramón D.

Un conto que arrepía: «Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín», de Ramón D. Veiga e David Sierra. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre o álbum ilustrado Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra.

Presentación en Vigo de “Violeta quere ser vampiro” de Ramón D. Veiga e David Sierra

O martes, 31 de outubro, 2017, a partir das 19:30 horas, no Café Badía, Sanjurjo Badía, 240, de Vigo, terá lugar a festa-presentación do libro Violeta quere ser vampiro de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra.

Afondar nas nosas propias tradicións: «Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín», de Ramón D. Veiga e David Sierra. Recensión en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra.   Violeta quere ser vampiro Ramón D. Veiga e David Sierra son os artífices deste álbum que vén de publicar Xerais, Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín.

Novidade: «Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín», de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. Aos mortos non hai que terlles medo!

Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra, é unha novidade de Xerais en álbum ilustrado. Coma todos os anos, a noite do 31 de outubro celébrase na casa de Violeta a festa do Samaín.

Crítica da escola represora e incomprensiva: «O lapis de Rosalía», de Antón Cortizas. Artigo de Carmen Ferreira

O xornal El Correo Gallego publicou un artigo de Carmen Ferreira sobre o libro O lapis de Rosalía, de Antón Cortizas, ilustrado por David Sierra. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «O lapis de Rosalía», de Antón Cortizas, ilustrado por David Sierra. Un lapis especial

O lapis de Rosalía, de Antón Cortizas, ilustrado por David Sierra, é unha novidade da colección Merlín. Recomendado de 7 anos en diante. Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bonitas. E as súas mans tocan as cousas con seis caricias, e seis suspiros salaian á vez. Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir.