Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: de_remate

Frescura e desdramatización: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela  De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015.   FIESTRAS E UNHA ÚNICA PAISAXE As fiestras son eses ocos na parede que permiten a entrada de luz e nos asoman ao mundo exterior. Tal como esta novela de Héctor Cajaraville, vencedor ano último Premio Xerais.

Un libro orixinal, ben construído: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Levaba tempo sen desfrutar dun libro coma este: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobrea novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Manda truco! Así de interesante, tan ben escrita, cunha arquitectura tan intelixente: «De remate», de Héctor Cajaraville. Artigo de Pinto Antón

O xornal El Progreso publicou un artigo de Juan Antonio Pinto Antón sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015.   E de súpeto, un tal Héctor Cajaraville A BIBLIOTECA pública de Lugo ten uns oitenta mil libros. Non son poucos. Son poucos comparados cos de Heidelberg, cidade universitaria alemana de estatura similar á nosa. 3,2 millóns de libros. Esbardallas con contas irreais.

Héctor Cajaraville: «A retranca é a verdadeira protagonista da miña novela»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Héctor Cajaraville, gañador do Premio Xerais 2015 coa novela De remate. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Xosé Carlos Caneiro: «Héctor Cajaraville entra pola porta grande da historia novelística galega»

O escritor Xosé Carlos Caneiro publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala da novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. Entre outras cousas, afirma que «Héctor Cajaraville entra pola porta grande da historia novelística galega». O artigo pode lerse ou descargase nesta ligazón.

Unha novela que nos fai cómplices e consigue que sorriamos: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de Mario Regueira

O xornal Sermos Galiza publicou unha recensión crítica de Mario Regueira sobre De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un libro diferente que paga a pena ler: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015.   De remate Onte estivemos no club de lectura con Héctor Cajaraville e o seu De remate, último premio Xerais. Así que esta foi a miña última lectura, o que constituíu unha boa elección, xa que houbo momentos lectores ben agradables e divertidos.

Os Premios Xerais no Ateneo de Pontevedra

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación conxunta dos tres Premios Xerais no Ateneo de Pontevedra, así como do acto de presentación de O último día de Terranova, de Manuel Rivas, na libraría Sisargas.   Os Xerais no Ateneo As perdas da fin de semana adiaron a reseña do que foron as presentacións nas que participamos esta fin de semana.

A forza dunha lingua que se inventa en cada páxina: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela contada con moita solvencia: «De remate», de Héctor Cajaraville. Crítica de Marta Veiga

O suplemento Táboa Redonda do xornal El Progreso publicou unha recensión crítica de Marta Veiga sobre De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra dos tres libros gañadores dos Premios Xerais 2015

O venres, 27 de novembro, ás 20:00 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán de Pontevedra, terá lugar a presentación dos libros Nena e o mar de Érica Esmorís (Premio Merlín de Literatura Infantil, 2015), Europa Express de Andrea Maceiras (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2015) e De remate de Héctor Cajaraville (Premio Xerais de Novela, 2015).