Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: de_remate

Presentación en Santiago de “De remate” de Héctor Cajaraville. Premio Xerais de Novela, 2015

O venres, 6 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, de Santiago, terá lugar a presentación da novela De remate de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela, 2015. No acto, no participarán Pilar Ponte Patiño, Manuel Bragado e Héctor Cajaraville, proxectarase o booktrailer “De remate. En memoria de Bieito Sanmarful” de César Galdo.

Héctor Cajaraville, Premio Xerais 2015: «A miña novela ten unha estrutura diferente ao convencional»

O escritor Héctor Cajaraville, gañador do Premio Xerais 2015 coa novela De remate, foi entrevistado  por Kiko Novoa no programa Galicia por Diante da Radio Galega. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Sorprendente booktráiler sobre a novela «De remate», de Héctor Cajaraville, Premio Xerais 2015

Sorprendente. Esa é a palabra máis empregada para definir o booktráiler, un falso documental, feito para promocionar a novela a De remate, de Héctor Cajaraville, gañador do Premio Xerais 2015.

O recente Premio Xerais de Novela, Héctor Cajaraville, gaña o Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil

O xornalista e escritor Héctor Cajaraville, recente gañador do Premio Xerais de Novela con De remate, foi galardoado onte co Premio Raíña Lupa de Literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación da Coruña, cunha novela titulada Vidas cruzadas.

Héctor Cajaraville, Premio Xerais 2015: «Tachar de literatura só ao que vén escrito nun libro é limitar o concepto desta arte»

O xornal El Correo Gallego publica unha entrevista de Isabel Blanco a Héctor Cajaraville, gañador do Premio Xerais 2015 coa novela De remate, que estará nas librarías nos primeiros días do vindeiro mes de outubro.(Foto: Fernando Blanco). A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Héctor Cajaraville

«De remate» de Héctor Cajaraville, premio Xerais de novela 2015

O xurado da XXXII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Érica Esmorís, Andrea Maceiras e Héctor Cajaraville premios Xerais 2015

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 6 de xuño, ditamináronse a XXXIIª edición do Premio Xerais de Novela, a VIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles.

Finalistas dos Premios Xerais 2015

Tras un xantar no Castelo de Soutomaior, os tres xurados dos Premios Xerais 2015 declararon as obras finalistas. O xurado da XXXII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren trinta e catro obras, formado por: Ángel Ramiro Paz «Cano» (libreiro.