Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: demos_de_verán

Presentación en Cangas de “Demos de verán” de Miguel Vázquez Freire

O luns 4 de decembro de 2017, ás 20:00 horas, na librería Maraxe, avda de Marín, 9, Cangas, terá lugar a presentación do libro Demos de verán de Miguel Vázquez Freire. No acto participarán María Xosé Jiménez, Manuel Bragado e o autor. Ao remate Chiqui Pereira lerá uns textos seleccionados do libro.

Miguel Vázquez Freire publica nun blog diversos contidos sobre «Demos de verán»

 O escritor Miguel Vázquez Freire leva publicados diversos contidos relacionados coa súa novela,  Demos de verán, nun blog creado para tal efecto. No blog poden lerse anotacións sobre A Falange, Franco e os fascismos, sobre o esoterismo do nazismo, sobre os exiliados fascistas, sobre o caso Edelweiss ou sobre Mircea Eliade, que constitúe a última aportación. Trátase de lecturas moi recomendables para completar a novela.

Alquimia narrativa: «Demos de verán» de Miguel Vázquez Freire. Crítica de Pedro Carrera Hortas

 A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Pedro Carrera Hortas sobre a novela Demos de verán, de Miguel Vázquez Freire. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Miguel Vázquez Freire: «Demos de verán parece unha novela de intriga esotérica, pero é unha parodia»

Radiofusión emitu unha entrevista co escritor Miguel Vázquez Freire sobre a súa novela Demos de verán. A entrevista pode escoitarse ou descargarse en mp3 nesta ligazón.

Vida e caos: «Demos de verán» de Miguel Vázquez Freire. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela Demos de verán, de Miguel Vázquez Freire. Vida e caos Cando un home agacha entre as súas roupas unha potente bomba. Cando ese home sobe a un autobús cheo de xentes de diversa condición e angueiras na vida.

«Demos de verán» de Miguel Vázquez Freire, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela Demos de verán, de Miguel Vázquez Freire. O programa pode verse nesta ligazón.

A contumacia do pasado. «Demos de verán» de Miguel Vázquez Freire. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Demos de verán, de Miguel Vázquez Freire. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Miguel Vázquez Freire: «Esta novela nace do estupor ante o feito de que determinados discursos sigan mantendo vixencia»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Miguel Vázquez Freire sobre a súa novela Demos de verán, que presenta esta tarde en Vigo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Entre a parodia, o thriller e a comedia: «Demos de verán» de Miguel Vázquez Freire. Crítica de Diego Ameixeras

O escritor Diego Ameixeiras publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela Demos de verán, de Miguel Vázquez Freire. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Demos de verán” de Miguel Vázquez Freire

O mércores, 4 de outubro, 2017, ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro de Demos de verán de Miguel Vázquez Freire. No acto acompañarán ao autor, María Xosé Jiménez e Manuel Bragado. Ao remate, Paula Carballeira e Chiqui Pereira lerán uns textos seleccionados da novela.

Presentación en Santiago de “Demos de verán” de Miguel Vázquez Freire

O mércores, 20 de setembro, 2017, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación da novela Demos de verán de Miguel Vázquez Freire. No acto acompañarán ao autor, Paula Carballeira e Manuel Bragado. Ao remate, Paula Carballeira e Chiqui Pereira lerán uns textos seleccionados do libro.

Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017

Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica da actividade e presentacións dos libros de Xerais na Feira do Libro da Coruña.       Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017 Rematamos onte tres días de intensa participación na Feira do Libro da Coruña.