Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: dende_o_conflito

María Reimóndez: «Todas temos ferramentas para a rebelión do día a día.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora María Reimóndez arredor das novelas En vías de extinción, Dende o conflito, A música dos seres vivos, As cousas que non queremos oír (as catro partes xa publicadas da serie Ciclo dos Elementos), A dúbida e Corredora, todas elas publicadas por Xerais.

Os libros máis vendidos no ano 2015 segundo o Taboleiro do libro galego

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2015 a partir da información proporcionada polas librarías galegas.   NARRATIVA   1º-. Xurxo Souto, Contos do mar de Irlanda 2º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos – – – – – – – – – – – – – – – – – – 4º-.

María Reimóndez promove un sorteo sobre as súas novelas do «Ciclo dos elementos»

A escritora  María Reimóndez promove desde a súa web un sorteo sobre as súas novelas do «Ciclo dos elementos» (En vías de extinción, Dende o conflito, A música dos seres vivos). Reproducimos a información da súa web.

Libros de Xerais finalistas nos Premios AELG

Os socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2014 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística.

Presentación en Santiago de “Dende o conflito” de María Reimóndez

O mércores, 4 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Dende o conflito de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela, 2014. No acto, organizado pola libraría Lila de Lillith e Xerais, participarán Montse Dopico, Manuel Bragado e María Reimóndez.

María Reimóndez reinvindica en «Dende o conflito» o activismo das reporteiras de guerra. Reportaxe de Jaureguizar

O xornalista e escritor Jaureguizar publicou en El Progreso unha reportaxe sobre Dende o conflito, de María Reimóndez. A reportaxe pode lerse ou descargarse neste enlace.

Finalistas dos Premios da Edición

A Asociación Galega de Editores fixo pública a lista dos libros finalistas dos Premios da Edición 2014. Os galadróns elíxense nunha primeira proposta de candidaturas, tres por editorial e categoría, realizada polas empresas que o desexen, e unha segunda na que os editores votan a dúas candidaturas de cada categoría, agás as propias.

Un convite á reflexión: «Dende o conflito», de María Reimóndez. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre Dende o conflito, de María Reimóndez, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2014.     Dende o conflito Permanezo cunha sensación agridoce despois de rematada a lectura desta novela de María Reimóndez, merecedora do Premio Xerais 2014, Dende o conflito.

Presentación en Betanzos de “Dende o conflito” de María Reimóndez

O venres, 19 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, de Betanzos, terá lugar a presentación da novela Dende o conflito de María Reimóndez , Premio Xerais de Novela, 2014. No acto participarán a xornalista Silvia Carregal e María Reimóndez.

Presentación en Carballo de “Dende o conflito” de María Reimóndez

O xoves, 11 de decembro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, terá lugar a presentación do libro Dende o conflito de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela 2014.

María Reimóndez: «A escrita ten que traballar os espazos do poder, desfacelos, e facer visibles outras alternativas»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a María Reimóndez sobre a súa novela Dende o conflito, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2014.

«Contos do mar de Irlanda» de Xurxo Souto e «Dende o conflito», de María Reimóndez encabezan os libros máis vendidos en Narrativa. «Escarlatina, a cociñeira defunta», a lista de literatura infantil

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de novembro a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto  e  Dende o conflito, de María Reimóndez encabezan de xeito compartidos a lista dos libros máis vendido no  ámbito da narrativa.