Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: deputación_da_coruña

Os premios da V Gala do Libro Galego 2020, nos medios e na rede

O xurado da quinta edición dos premios da Gala do Libro Galego deu a coñecer as obras e autoras gañadoras nesta convocatoria que, pola situación causada pola pandemia do COVID19, viuse na obriga de ser adiada ao outono.

A V Gala do Libro Galego 2020 premia dous títulos de Xerais: «Dentro da literatura», de Suso de Toro; e «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira

O xurado da quinta edición dos premios da Gala do Libro Galego deu a coñecer as obras e autoras gañadoras nesta convocatoria que, pola situación causada pola pandemia do COVID19, viuse na obriga de ser adiada ao outono.

Presentación en Ordes de “Luns” de Eli Ríos

O venres 15 de decembro de 2017, ás 20:30 horas, no Museo do Traxe de Ordes, terá lugar a presentación do libro Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega 2016. No acto participarán Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Ramón Vilar, xornalista e escritor e a autora.

Presentación en Lugo de “Luns” de Eli Ríos

O venres, 17 de novembro de 2017, ás 20:00 horas, na libraría Gato Neghro, rúa San Roque, 32, Lugo, terá lugar a presentación do libro Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega 2016, convocado pola Deputación da Coruña. No acto acompañarán á autora Paula Gómez del Valle, fotógrafa e Beatriz Dourado, asesora de formación do profesorado.

Presentación en Santiago de “Luns” de Eli Ríos

O xoves, 2 de novembro, 2017, ás 20,00 horas, na librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a presentación de Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega 2016. No acto acompañarán á autora Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, entidade que convoca o premio e Manuel Bragado, director de Xerais.

Presentación na Coruña de “Luns” de Eli Ríos

O mércores, 13 de setembro, 2017, ás 19,30 horas, na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, Rego de Auga, 37, terá lugar a presentación de Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega 2016. Acompañarán á autora, Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e Manuel Bragado, director de Xerais.

O recente Premio Xerais de Novela, Héctor Cajaraville, gaña o Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil

O xornalista e escritor Héctor Cajaraville, recente gañador do Premio Xerais de Novela con De remate, foi galardoado onte co Premio Raíña Lupa de Literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación da Coruña, cunha novela titulada Vidas cruzadas.

Convocado, para 2011, o XXIII Premio de Narrativa Torrente Ballester

Co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e creativa que caracteriza os nosos escritores, así como de homenaxear o ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, a Deputación Provincial da Coruña convoca o XXIII Premio de narrativa Torrente Ballester, de acordo coas seguintes: BASES Primeira.

“A vida do outro”, presentación na Coruña

“A vida do outro”, presentación na Coruña

O vindeiro mércores, 24 de xuño ás 11,00 horas, na sede da Deputación da Coruña, terá lugar a roda de prensa presentación do libro A vida do outro de Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester, 2008 convocado pola Deputación da Coruña. No acto intervirán: Salvador Fernández Moreda (Presidente da Deputación da Coruña), Manuel Bragado (Director de Xerais) e Carlos G. Reigosa.

“A vida do outro” de Carlos G. Reigosa

“A vida do outro” de Carlos G. Reigosa

Na primeira semana do mes de xuño aparecerá nas librarías A vida do outro, a obra de Carlos G. Reigosa gañadora do Premio de Novela Torrente Ballester 2008 organizado pola Deputación Provincial da Coruña. A vida do outro de Carlos G. Reigosa é un espello no que cada un pode descubrir o seu propio rostro. O protagonista, Miguel Cano Goiriz, vive nunha sociedade en transición e busca respostas para as súas preguntas esenciais.