Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: deputación_de_pontevedra

A Deputación de Pontevedra homenaxea a Manuel Bragado polos seus 30 anos á fronte da Editorial Xerais. Noticia no «Diario de Pontevedra»

A Deputación de Pontevedra homenaxeou ao editor galego Manuel Bragado polos seus 30 anos á fronte de Edicións Xerais de Galicia. A homenaxe transcorreu durante a gala: «Unha lingua de premio», celebrada no Pazo Provincial e presentada pola escritora Ledicia Costas. A noticia foi publicada polo Diario de Pontevedra e pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Roteiro «Polos Camiños de Bernardino Graña», polos camiños do neno mariñeiro, en Cangas

A AELG e a Deputación de Pontevedra promoven un roteiro «polos Camiños de Bernardino Graña», guiado por Heitor Mera, que percorre moitos dos lugares de referencia do seu recentísimo libro O neno mariñeiro, que acaba de publicar Xerais. A información pode consultarse neste pdf do Faro de Vigo.

Presentación en Pontevedra de “Historia da bicicleta dun home lagarto” de Fina Casalderrey

O xoves, 27 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevera, rúa Amoedo Carballo 3, terá lugar a presentación do libro Historia da bicicleta dun home lagarto de Fina Casalderrey. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra e Xerais,  intervirán Miguel Suárez Abel (escritor), Manuel Bragado (director de Xerais), Óscar Ibáñez (gaiteiro) e Fina Casalderrey.