Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: dez_gatiñas_viaxeiras

Un álbum en verso para cantar e contar: «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.   Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto e Víctor Rivas Nun primeiro momento lembroume a Once damas atrevidas. Logo, xa me fixo sorrir.

Un texto para contar, cantar e memorizar que non debe faltar en ningunha biblioteca de Educación Infantil: «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

«Conexión Macarrón», de Ledicia Costas; e «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas, entre os títulos infantís seleccionados por «La Voz de Galicia» para o Nadal

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por Olalla Sánchez na que se da conta dunha selección de títulos infantís para o Nadal, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, ilustrado por Laura Suárez; e Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto e Víctor Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Poesía narrativa e moito humor para contar a historia de dez gatiñas moi rebuldeiras que percorren toda a xeografía galega: «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección: Pequeno Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 25´.

Novidade: «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto. A divertida aventura de dez gatiñas rebuldeiras e intrépidas por toda a xeografía galega

Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas, é unha novidade da colección Álbums de Xerais. Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia.