Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: diario_cultural

«Gaia é unha ponte entre distintos mundos» asegura María Reimóndez referíndose á protagonista de «En vías de extinción». Entrevista no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a María Reimóndez, sobre En vías de extinción. María Reimóndez fala de biodiversidade e diferencia para se referir á súa última novela, protagonizada por Gaia, unha persoa rebelde que non acepta a uniformidade. A entrevista pode escoitarse aquí en mp3.

Espir o discurso da guerra: «O silencio», de Mario Regueira. Entrevista no Diario Cultural da Radio Galega

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevisa con Mario Regueira, sobre o seu último libro de poemas,  O silencio. O poemario centra o seu discurso na guerra e na violencia, tratando de espir a súa mensaxe reiterativa, e emana dun discurso ético no que poesía e conflito se dan a man. Escoitar a entrevista con Mario Regueira en mp3.

Os teatros do soño. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre o «VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico»

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia confidencial unha recensión crítica sobreo VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico.   Os teatros do soño Esta semana Xosé Manuel Eyré fai un repaso sobre as pezas gañadores e finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

O valor do teatro en pequeno formato. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre o «VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico»

O valor do teatro en pequeno formato. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre o «VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico»

Xosé Manuel Eyré escribiu dúas anotacións no seu blog comentando o o VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico. Os límites do teatro ou onde está a poesía Ando a voltas co VI Premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural. O primeiro que escoitei/lin foi o Poema sinestésico para tres voces de Eva Ferreira. Lembro que onte, e antonte, tiña entre mans poesía punki de Samuel L. París.

«Iria», de Anxo Angueira: a remontada do barco. Entrevista no Diario Cultural

«Iria», de Anxo Angueira: a remontada do barco. Entrevista no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevisa con Anxo Angueira sobre Iria, a súa nova novela. Na entrevista, Angueira asegura que quixo facer unha novela onde estivese presente «a épica da navegación á vela, que temos esquecida».

Mañá martes preséntase en Compostela o «VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Mañá martes preséntase en Compostela o «VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Mañá martes, no Salón Teatro de Santiago de Compostela (Rúa Nova 34), ábrese un Espazo Radioescénico para a presentación e acto de entrega do VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico, organizado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego. O acto terá lugar ás 20:00 horas e o acceso sserá libre ata completar aforo.

«Impresióname a barafunda á que estamos sometidos e a escrita é un intento impotente de abordala». Entrevista con Daniel Salgado no Diario Cultural

«Impresióname a barafunda á que estamos sometidos e a escrita é un intento impotente de abordala». Entrevista con Daniel Salgado no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevisa con Daniel Salgado, sobre o seu último libro de poemas, ruído de fondo. Daniel Salgado asegura que no libro existe unha ruptura cos seus poemarios anteriores e remítese á guerra dos ricos contra os pobres como unha das posibles lecturas dese ruído de fondo.

Entrevista con Pedro Feijoo sobre «Os fillos do mar» no Diario Cultural da Radio Galega

Entrevista con Pedro Feijoo sobre «Os fillos do mar» no Diario Cultural da Radio Galega

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Anxo Quintela con Pedro Feijoo, que falou da súa novela Os fillos do mar. Pedro Feijoo asegura na entrevista que o seu personaxe, Simón Varela, é o resultado de ver moitas películas de Woody Allen, de ler moito a Mendoza, de ver moito cine dos irmáns Marxe e de moitas vivencias persoais. A entrevista enteira pode escoitarse ou descargarse aquí.

«Poema sinestésico para tres voces e un can», de Eva F. Ferreira, galardón do Xurado do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

«Poema sinestésico para tres voces e un can», de Eva F. Ferreira, galardón do Xurado do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

A Radio Galega informou do fallo do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que editará Xerais nas vindeiras semanas. O galardón do xurado foi para «Poema sinestésico para tres voces e un can», de Eva F. Ferreira, e o da audiencia para «Intercom-Baby», de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso.   «Poema sinestésico para tres voces e un can», de Eva F.

O Diario Cultural fixo públicos os finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

O Diario Cultural fixo públicos os finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

O Diario Cultural da Radio Galega fixo públicos os textos finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatr VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que publica Xerais. Pode accederse a esta información a través deste audio do Diario Cultural. A montaxe das obras finalistas van estar dirixida polo director Evaristo Calvo.

«Na poesía hai feitos inexplicables»: entrevista sobre «transmuta» con Xabier Cordal no Diario Cultural

«Na poesía hai feitos inexplicables»: entrevista sobre «transmuta» con Xabier Cordal no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevisa con Xabier Cordal, sobre o seu último libro de poemas, transmuta, que publica logo de dez anos de silencio. Na poesía hai feitos inexplicables, asegura Xabier ao longo da entrevista. A entrevista, en mp3, pode escoitarse ou descargarse aquí.

Charo Portela: «A vida de Valentín Paz Andrade é apaixonante». Entrevista no Diario Cultural da Radio Galega

Charo Portela: «A vida de Valentín Paz Andrade é apaixonante». Entrevista no Diario Cultural da Radio Galega

O programa Diario Cultural, da Radio Galega, realizou onte unha entrevista de Anxo Quintela con Charo Portela, sobre o libro Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía, ilustrado por Jaime Asensi. Publicado na colección Merlín, é a primeira biografía sobre o autor das Letras Galegas 2012, dirixida ao público escolar, que ve a luz. A entrevista con Charo Portela pode escoitarse aquí.