Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: diario_cultural

“Prostitución: clientes e outros homes”

“Prostitución: clientes e outros homes”

Aquí pode escoitarse a conversa que os responsables do Diario Cultural da Radio Galega mantiveron coas sociólogas Águeda Gómez Suárez e Silvia Pérez Freire, autoras da investigación recollida no libro Prostitución: clientes e outros homes.

Alonso Montero entrevistado no “Diario Cultural” da RG

Alonso Montero entrevistado no “Diario Cultural” da RG

Aquí pode escoitarse a entrevista ao profesor Xesús Alonso Montero emitida no Diario Cultural da Radio Galega con motivo da publicación do libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1636-1948).

Rosa Aneiros, primeiras entrevistas

Rosa Aneiros, primeiras entrevistas

Rosa Aneiros, a gañadora tanto do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura Xuvenil 2009 por Ás de bolboreta como do Xerais de Novela 2009 por Sol de Inverno, realizou as primeiras entrevistas para os medios. Recollemos as que fomos localizando. “Non traballei en paralelo coas dúas novelas” (Camilo Franco, La Voz de Galicia).

Juan Blanco Valdés no «Diario Cultural»

Juan Blanco Valdés no «Diario Cultural»

Aquí pode escoitarse a entrevista que no Diario Cultural de Radio Galego fixeron a Juan Blanco Valdés, autor Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica.

Entrevistas aos gañadores dos Premios da Crítica

Aquí poden escoitarse as dúas entrevistas emitidas hoxe no Diario Cultural da Radio Galega con Chus Pato e Marcos Calveiro, gañadores dos Premios da Crítica 2008.

Espazo radioescénico: entrega do IIIº premio de Teatro Radiofónico

Espazo radioescénico: entrega do IIIº premio de Teatro Radiofónico

Aquí pode escoitarse a hora de radio e teatro na radio, celebrada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña,  na que se entregou o IIIº Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. O libro cedé, que inclúe a peza gañadora, Peter Buckley de Rubén Ruibal e César Candelas, e as dúas finalistas Servizo de Urxencias de Paula Carballeira e O xou mas gou on de Eva Ferreira, estará nas librarías ao longo deste vindeira semana.

Premio «Diario Cultural» de Teatro Radiofónico

Premio «Diario Cultural» de Teatro Radiofónico

O vindeiro mércores, 15 de abril, ás 20:30 horas, celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña a gala de entrega da IIIª edición do Premio «Diario Cultural» de Teatro radiofónico. Será entón cando Rubén Ruibal e César Candelas reciban o premio por Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley, peza protagonizada polo boxeador britano Peter Buckley,un eterno perdedor.

«Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley», Premio Teatro Radiofónico

«Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley», Premio Teatro Radiofónico

Rubén Ruibal e César Candelas foron os gañadores do IIIº Premio de Teatro Radiofónico «Diario Cultural« pola súa obra Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley, protagonizada polo boxeador britano peter Buckley,un eterno perdedor. A peza foi a gañadora tanto no premio outorgado polo xurado como polo público. Dotados ambos premios con 3.

Xelís de Toro entrevistado no «Diario Cultural»

Xelís de Toro entrevistado no «Diario Cultural»

Aquí pode escoitarse a entrevista con Xelís de Toro emitida hoxe no «Diario Cultural» da Radio Galega con motivo da aparición de Riofero.

«Riofero» no «Diario Cultural»

«Riofero» no «Diario Cultural»

Ao longo de toda esta semana o «Diario Cultural» da Radio Galega (emítese de 15:00 a 16:00 horas) dedica a Riofero a súa páxina de Narrativa. A raíz da publicación desta novela, Xelís de Toro mantén abertos un espazo web (onde se poden escoitar oito temas musicais e acceder á lectura do primeiro capítulo da obra) e un blog (no que se publican novas e comentarios de lectores e do autor).

Jaureguizar entrevistado polo «Diario Cultural»

Jaureguizar entrevistado polo «Diario Cultural»

Jaureguizar, autor d’ O Globo de Shakespeare, foi entrevistado hoxe no «Diario Cultural» da Radio Galega. A entrevista pode escoitarse aquí.

Goretti Sanmartin entrevistada polo «Diario Cultural»

Goretti Sanmartin entrevistada polo «Diario Cultural»

O «Diario Cultural» da Radio Galega entrevistou onte a Goretti Sanmartín con motivo da presentación do seu libro Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. A entrevista pode escoitarse aquí.