Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: diario_cultural

María do Cebreiro no «Diario Cultural»

María do Cebreiro no «Diario Cultural»

O pasado xoves, 18 de decembro, María do Cebreiro foi entrevistada no Diario Cultural con motivo da aparición do seu poemario Non son de aquí.

«Fendas abertas» no «Diario Cultural»

«Fendas abertas» no «Diario Cultural»

Carlos Taibo presentou hoxe Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional, o seu máis recente libro publicado por Xerais Ensaio no diario Cultural da radio Galega. Aquí pode escoitarse a entrevista que lle fixeron.

Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008

Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008

A vida do outro de Carlos G. Reigosa é a obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa 2008 dado a coñecer no día de hoxe. «Que me fixo a min a Transición e a consolidación democrática posterior?» é a pregunta que trata de responder, aos cincuenta e seis anos, o protagonista da obra, o director dun xornal madrileño (de orixe galega), cando despois de ter un amago de infarto se decata que non se coñece a si mesmo.

Sergi Pamies no «Diario Cultural» da Radio Galega

Sergi Pamies no «Diario Cultural» da Radio Galega

O «Diario Cultural» da Radio Galega entrevistou hoxe a Sergi Pamies con motivo da edición da tradución para o galego de Se comes un limón sen facer xestos, realizada por Antón Dobao. A entrevista pódese escoitar aquí.

Presentación “II premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico”

Presentación “II premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico”

O xoves, 17 de abril, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra realizarase a presentación do libro cede, editado por Xerais, que contén as catro obras finalistas do “II premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico“, convocado pola Radio Galega.