Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: diario_de_ferrol

Crítica de Vicente Araguas sobre «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

O crítico Vicente Araguas publicou recentemenete unha recensión crítica sobre A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa, o libro gañador do Premio Merlín 2010. A recensión viu a luz no Diaro de Ferrol e e en El Ideal Gallego.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Cara B», de Ignacio Silva

Armando Requeixo deu á luz unha crítica sobre Cara B, de Ignacio Silva que se publicou onte nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, e que agora pode lerse tamén no seu blog. Reproducímola integramente: A cara B de Ignacio Silva Saudar a aparición da obra primeira dun autor novel é sempre un motivo de satisfacción.

Crítica de Vicente Araguas sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa publicaron unha recensión crítica de Vicente Araguas sobre Todo é silencio, de Manuel Rivas, baixo o título de «Como certa vida mesma». Reproducimos algúns parágrafos: «Teño a completa sensación de estar diante dun “artefacto”.

Crítica de Armando Requeixo sobre a «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa

Baixo o título «Viaxes pola Galicia invisible», os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa publicaron unha recensión crítica de Armando Requeixo sobre a Guía ilustrada da Galicia invisible, do escritor Antonio Reigosa.

A soberbia mestría narrativa de «O coitelo en novembro», de Marilar Aleixandre

Baixo o título «A soberbia mestría narrativa de Marilar Aleixandre», os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa publican unha recensión crítica sobre O coitelo en novembro.

Crítica de Armando Requeixo sobre «O camiño de abaixo», de Xohán Casal

«Xohán Casal, medio século despois» é o título da recensión crítica que Armando Requeixo publicou no Diaro de Ferrol e no Diario de Arousa o pasado domingo sobre O camiño de abaixo, de Xohán Casal. A recensión, que pode lerse enteira aquí, subliña que «Xohán Casal foi un innovador, un visionario da escrita que apenas tivo tempo a desenvolver a poderosa narrativa que gurgullaba do seu caletre».

Crítica de Armando Requeixo sobre «Lapidarias»

O crítico Armando Requeixo aborda nunha recensión o poemario Lapidarias. Os versos escuros, de David Rodríguez.

«”Luz de Tebra” é un dos acontecementos literarios do ano»

Baixo os titulares «Novo diario dun médico de garda» e «Un dos acontecemento literarios do ano», o crítico Armando Requeixo recomenda moi vivamente Luz de Tebra, o libro de relatos co que se dá a coñecer na literatura galega Ánxel Vázquez de la Cruz. O texto de Requeixo, publicado o domingo 22 de agosto nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa, pode baixarse en pdf aquí.

«Anthology of Galician Literature» de Jonathan Dunne por Xulio Valcárcel

ESCRITORES ALEMÁNS E GALEGOS Sábese da verdadeira dimensión dunha obra cando viaxa e se somete a criterios externos e imparciais, alleos a influencias afectivas e a oportunismos coxunturais. Proxectada en doble dimensión: unha particular, dentro das propias lindes; outra universal, trasladada a outras linguas.

«”Xuvia-Neda”: o moito que dá de si un mes de verán»

Guillermo Llorca publica hoxe en Diario de Ferrol unha moi gabanciosa crítica de Xuvia-Neda o aclamadísimo libro de relatos de Vicente Araguas. O texto pode baixarse en pdf aquí.

«Xuvia-Neda» de Vicente Araguas, crítica entusiasta de Xulio Valcárcel

Xulio Valcárcel publica na  páxina literaria de Diario de Ferrol unha crítica entusiasta de Xuvia-Neda, o libro máis recente de Vicente Araguas.

«Mais que ben que a contou», unha crítica de Vicente Araguas

A CRÍTICA CONSIDÉRAO UN DOS MELLORES LIBROS DO ANO PASADO Cid Cabido é unha «rara avis» na nosa literatura. Un nachiño que xa non é que omita a súa foto nas lapelas dos seus libros (nun deles aparecía ao lonxe, figuriña mínima nunha paisaxe portuaria) senón que ás veces, así a novela que teño diante miña, nin sequera se nos di quen é e onde vai este escritor que se apelida Cid e máis Cabido.