Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: diario_de_pontevedra

Narrativa afiada, de frases breves e vibrantes: «Luns», de Eli Ríos. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra unha recensión crítica sobre a novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Manuel Lourenzo González: «Escribo para devolverlle algo á vida»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López ao escritor Manuel Lourenzo González sobre a súa novela Ceiba de luz, gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017. (Foto: David Freire / Diario de Pontevedra). A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Poesía para desfrutar: «Beixos de lingua», de Paco Barreiro. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra e El Progreso unha recensión crítica sobre o libro de poemas  Beixos de lingua, de Paco Barreiro. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Dous libros que vibran: «Galería de saldos» de Diego Giráldez e «O espello do mundo» de Ramón Nicolás. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra unha recensión crítica sobre dous libros: Galería de saldos, de Diego Giráldez, e O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   Galería de saldos, de Diego Giráldez, e O espello do mundo, de Ramón Nicolás   Dous libros Chegaron xuntos da man. Metidos no mesmo paquetiño procedente da editorial Xerais como un máis dos seus abeizoados envíos.

Xa é hora de existir: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou recolle no seu blog unha recensión crítica que publicou no Diario de Pontevedra sobre a novela 22 segundos, de Eva Mejuto. Un sorriso no peito UNHA VEZ máis, a literatura afonda alí onde á vida lle custa explicarse.

Cabodano do escritor que formou lectores literarios nos centros de ensino

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha reportaxe de Marta Veiga sobre Agustín Fernández Paz. (Foto de Andrea Costas).   Cabodano de orfandade nas letras Cúmprese un ano do pasamento do escritor chairego Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947), un dos autores máis carismáticos, queridos, lidos e prolíficos da literatura galega das derradeiras décadas do século XX e do que vai de terceiro milenio.

Morto do risa: grande, «Floreano», de Gogue. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra e El Progreso unha recensión crítica sobre o libro de tiras de humor Floreano, de Gogue. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

María Victoria Moreno, unha escritora para as letras galegas 2018

A elección de María Victoria Moreno como escritora designada para a celebración das Letras Galegas 2018 centrou un recente artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo. Nel, o director de Xerais lembraba a relación da editorial coa escritora nos derradeiros anos da súa vida, anos nos que Xerais se converteu na súa editorial de referencia.

Interésame moito a «Terraza» de Fran Alonso, un dos nosos escritores máis coherentes. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, Diario de Pontevedra e El Progreso unha recensión crítica sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Palabras e vibracións enguedelladas cunha fonda mestría: «A cadencia da fractura», de Isaac Xubín. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou recolle no seu blog unha recensión crítica que publicou no Diario de Pontevedra  sobre o libro de poemas A cadencia da fractura, de Isaac Xubín.

Ten moito que contar e sabe contalo: «Soño de infancia», de Moncho Rouco. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro Soño de infancia, de Moncho Rouco. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Gustei deste achegamento á figura de Casares: «Carlos Casares. Vida e literatura», de Damián Villalaín. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro Carlos Casares. Vida e literatura, de Damián Villalaín. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.