Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: días_que_non_foron

Luís Rei Núñez: «Mentres non cambie a lei para impedir que a Xunta use a TVG, a manipulación seguirá». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista con Luís Rei Núñez centrada no seu libro de relatos Días que non foron. (Foto: Alba Sotelo).   «Na TVG, mentres non cambie a lei para impedir que a use a Xunta, a manipulación seguirá» Luís Rei Núñez arma, en ‘Días que non foron’, distintas historias relacionadas coa memoria individual e colectiva. Tamén coa impostura e coa opresión.

Dicir cousas verdadeiramente fermosas: «Días que non foron», de Luís Rei Núñez. A opinión dunha estudante

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Sonia Troitiño Loureiro sobre o libro de relatos Días que non foron de Luís Rei Núñez.   Días que non foron Días que non foron resultoume un libro un tanto peculiar. Foi a primeira vez que vivín a experiencia de ler relatos en segunda persoa, e a dicir verdade, non me agradou demasiado.

Entrevista de Camilo Franco a Luís Rei Núñez polo seu libro de relatos «Días que non foron» no Culturgal (vídeo de Redelibros)

Redelibros publicou un vídeo coa entrevista que Camilo Franco lle fixo a  Luís Rei Núñez no Culturgal polo seu libro de relatos Días que non foron.

«Escribir, unha viaxe á imperfección». Luís Rei Núñez no Club de Lectura «Lendo no Galiñeiro», con «Días que non foron»

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha anotación sobre o encontro que mantivo Luís Rei Núñez, entorno ao seu libro de relatos Días que non foron no Club de Lectura II do IES Valadares.

Programa de Xerais no Culturgal 2013

Xerais estará presente no Culturgal 2013, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro. Aquí o programa de presentacións, conversas con autores e autoras da editorial. Venres 29 de novembro 13:15 horas, Espazo do libro: Encontro con lectores  de Marcos Calveiro, autor de Todos somos.

O universo sensitivo de Luís Rei Núñez en «Días que non foron». Por Ana Acuña

Reproducimos a intervención de Ana Acuña sobre o libro de relatos Días que non foron de Luís Rei Núñez, o pasado 24 de outubro no Salón de Actos da Casa das Campás de Pontevedra.     Días que non foron Boas noites a todas e a todos e moitas grazas pola xenerosa compaña. Grazas tamén á editorial Xerais, a Luís Rei Núñez e ao Ateneo de Pontevedra pola oportunidade das lecturas e relecturas.

Luís Rei Núñez: «A realidade falséase na ficción, no xornalismo e ata na vida». Entrevista de Belén López

A xornalista Belén López publicou no Diario de Pontevedra unha longa entrevista de dúas páxinas con  Luís Rei Núñez, que presenta hoxe en Pontevedra o seu libro de relatos Días que non foron. Luís Rei Núñez asegura na entrevista que «A realidade falséase na ficción, no xornalismo e ata na vida».

Un libro que paga a pena: «Días que non foron», de Luís Rei Núñez. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha recensión crítica sobre o libro Días que non foron, de Luís Rei Núñez.     Días que non foron Como en todo libro de relatos, hai algúns que me gustan máis e outros menos. Isto é o que me ocorre con Días que non foron de Luís Rei Núñez publicado por Xerais.

Presentación en Pontevedra de “Días que non foron” de Luís Rei Núñez

O xoves, 24 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos d’ A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal) en Pontevedra, terá lugar a presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais,  participarán Ana Acuña, Manuel Bragado e Luís Rei Núñez.

Entrevista a Luís Rei Núñez no ZigZag por «Días que non foron»

Luís Rei Núñez foi entrevistado no programa ZigZag da TVG polo seu libro de relatos Días que non foron. source src=”http://media1.crtvg.es:80/vod/_definst_/mp4:00/0692/0692_20131007000002.mp4/playlist.

Acertada combinación entre o individual e o social: «Días que non foron», de Luís Rei Núñez. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Días que non foron, de Luís Rei Núñez.     Memoria individual e colectiva Luís Rei Núñez reúne neste volume 7 relatos breves que se caracterizan porque oscilan entre a memoria histórica colectiva e a memoria individual dos personaxes que son protagonistas dos feitos relatados.

Unha lúcida mirada: «Días que non foron», de Luís Rei Núñez. Crítica de Ramón Rozas

Ramón Rozas publicou en El Progreso unha recensión crítica sobre  o libro Días que non foron, de Luís Rei Núñez. A recensión completa en pdf pode lerse ou descargarse aquí ou no blog de Ramón Rozas.   (…)  Luís Rei non deixa de sorprendernos dende esa madurez creativa á que chegou fai unhas publicacións.