Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: diego_ameixeiras

«Asasinato no Consello Nacional», valoración crítica no blog «Un ollo de vidro»

«Asasinato no Consello Nacional», valoración crítica no blog «Un ollo de vidro»

No blog de Eduardo Maroño, Un ollo de vidro, publícase un post sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras.

Boa acollida para as últimas novidades de Narrativa de Xerais, que entran na súa 2ª edición

As últimas novidades publicadas por Xerais en Narrativa están tendo unha boa acollida por parte dos lectores e lectoras e, de feito, entraron xa na súa segunda edición as novelas Denso recendo a salgado, de Manuel Portas; O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga; e Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras; así como o libro de relatos Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz.

Dramatis personae para «Asasinato no Consello Nacional»

Dramatis personae para «Asasinato no Consello Nacional»

Xosé Manuel Eyré propón no seu blog un dramatis personae para a novela de Diego Ameixeiras, Asasinato no Consello Nacional, buscando establecer unha correlación entre personaxes e personalidades públicas da política do BNG. Unha información semellante aparece tamén na Wikipedia, onde se ofrece unha amplísima información sobre a novela.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras

O Faro da Cultura (Faro de Vigo) publica hoxe unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras.

Diego Ameixeiras: «Non son analista político. Só escribo novelas»

Diego Ameixeiras: «Non son analista político. Só escribo novelas»

O escritor Diego Ameixeiras, que esgotou a primeira edición de Asasinato no Consello Nacional nunha semana, foi entrevistado este sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia polo crítico Ramón Nicolás. «NON SON ENSAÍSTA NIN ANALISTA POLÍTICO.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Asasinato no Consello Nacional»

No suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado sábado, inclúese unha crítica de Ramón Nicolás sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, que reproducimos integramente: Xénero negro e «thriller» político En poucas ocasións un libro, como o que Diego Ameixeiras ofrece desde hai escasas semanas, suscitou tal interese.

Manuel Rodríguez Alonso reflexiona sobre o segredo do éxito de «Asasinato no Consello Nacional»

Manuel Rodríguez Alonso reflexiona sobre o segredo do éxito de «Asasinato no Consello Nacional»

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog Bouvard e Pécuchet unha interesantísima reflexión sobre os motivos do éxito de Asasinato no Consello Nacional, a novela de Diego Ameixeiras.

Artigo de Jaureguizar sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Artigo de Jaureguizar sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Jaureguizar publicou esta fin de semana un artigo de opinión en El Progreso sobre Asasinato no Consello Nacional: Neste mes de outubro que semella inocuo e mollado produciuse un feito inusual no BNG: a fronte está actuando ao unísono. Todos semellan estaren lendo Asasinato no Consello Nacional (Xerais), de Diego Ameixeiras. Tanta uniformidade lectora unicamente acontecera con Sempre en Galiza (Galaxia), de Castelao.

“Asasinato no Consello Nacional”, crítica de Filipe Díaz

Filipe Díaz publica no blog “Por un BNG de futuro” unha extensa crítica sobre Asasinato no Consello Nacional, a novela máis recente de Diego Ameixeiras. Recomendamos a lectura do texto do que recollemos o seu derradeiro parágrafo: En calquera caso, Asasinato no Consello Nacional é unha lectura recomendable tanto para as persoas interesadas na actualidade política como para os adeptos á novela negra.

Artigo de opinión de Alberto Ramos sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Artigo de opinión de Alberto Ramos sobre «Asasinato no Consello Nacional»

O xornalista e escritor Alberto Ramos publicou o pasado domingo 10 un artigo de opinión no Xornal sobre Asasinato no Consello Nacional no que di que Diego Ameixeiras crea un detective taoísta único na literatura galega e fala do morbo da novela.

Trafegando ronseis recomenda «Asasinato no Consello Nacional»

Coñecimos hoxe o comentario de  lectura do blog Trafegando ronseis sobre Asasinato no Consello Nacional, a novela de Diego Amexeiras. Reproducimos a nota completa, moi interesante, que recomenda a lectura da novela. Dáme a impresión de que Diego Ameixeiras mellora con cada novela.

«Asasinato no Consello Nacional» e o resto das novelas de Ameixeiras, entradas da «Wikipedia»

A edición de Asasinato no Consello Nacional, a quinta novela de Diego Ameixeiras continúa achegando boas novas e múltiples sorpresas.