Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: diego_ameixeiras

Diego Ameixeiras entrevistado por «El País»

Óscar Iglesias publica nas páxinas de «Luces» de El País Galicia unha entrevista a Diego Ameixeiras con motivo da aparición da súa novela Dime algo sucio. Na entrevista Ameixeiras di, entre outras cousas, que  «as novelas de Horacio Dopico [Baixo mínimos e O cidadán do mes] son historias pulp, un xogo literario no que tentei homenaxear o hard boiled mediante a parodia.

O libro dixital en Galicia

Manuel Bragado presentou onte a súa visión do libro dixital en Galicia na conferencia que ditou no seo do VI Simposio « O libro e a lectura» organizado pola Asociación Galega de Editores. O texto da súa intervención pode baixarse en pdf. Esta foto de Anxo Iglesias presentou a reportaxe que  El País Galicia dedicou á aparición dos primeiros e-books de Xerais, Sete palabras de Suso de Toro e Dime algo sucio de Diego Ameixeiras.

Xa á venda os primeiros e-books de Xerais

Os primeiros dous títulos en formato e-book de Xerais xa están á venda. Sete palabras de Suso de Toro e Dime algo sucio de Diego Ameixeiras, dúas das novidades da colección Narrativa que chegan esta semana ás librarías, poden ser descargados neste formato dixital dende o espazo de Xerais en Todoebook.

«Dime algo sucio», nova novela de Diego Ameixeiras

Dime algo sucio é a cuarta novela de Diego Ameixeiras. Aparecerá no vindeiro mes de novembro en edicións impresa e e-book. A policía de Oregón atopa unha parella de cadáveres no interior dunha nave industrial abandonada. O home negro está axeonllado no chan colocando as últimas novidades en primeira liña da manta.

Xerais, próximas novidades literarias

Anunciamos o programa de novidades literarias preparado pola editorial até finais de 2009. XERAIS NARRATIVA Sete palabras, Suso de Toro, novela, edición en papel e e-book (aparición librarías primeira semana de novembro). Dime algo sucio, Diego Ameixeiras, novela, edición en papel e e-book (aparición librarías primeira semana de novembro).