Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: dime_algo_sucio

Diego Ameixeiras: «A novela negra debe estar atenta ao que sucede nas nosas rúas»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista de Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor Diego Ameixeiras, que acaba de publicar a súa novela A noite enriba.

Diego Ameixeiras: «A novela negra debe estar atenta ao que sucede nas nosas rúas»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor Diego Ameixeiras.     Diego Ameixeiras: «A novela negra debe estar atenta ao que sucede nas nosas rúas» Diego Ameixeiras (Lausana-Suíza, 1976) é posibelmente un dos maiores representantes actuais da nosa novela negra dado que practicamente toda a súa narrativa xira ao redor desta temática.

«Aquí vai haber sangue…» Dez anos de traxectoria literaria de Diego Ameixeiras. Por Elisa Gil

Elisa Gil publicou en La Región un artigo sobre a traxectoria literaria de Diego Ameixeiras.     Aquí vai haber sangue Repasamos os dez anos de traxectoria literaria de Diego Ameixeiras A primeira vez que lin as andanzas do detective Horacio Dopico non puiden evitar procuralo polas rúas do Couto. Imaxinábao compartindo cervexas con algún confidente no Auriense ou fumando apoiado na porta no desaparecido Rock Club.

«Historias de Oregón», a novela por entregas de Diego Ameixeiras

Hoxe comeza a publicarse nas páxinas de La Voz de Galicia Historias de Oregón a sexta das novelas de Diego Ameixeiras, gañadora do Premio de Novela por entregas La Voz de Galicia 2011.

«Asasinato no Consello Nacional» e o resto das novelas de Ameixeiras, entradas da «Wikipedia»

A edición de Asasinato no Consello Nacional, a quinta novela de Diego Ameixeiras continúa achegando boas novas e múltiples sorpresas.

Trafegando ronseis recomenda «Dime algo sucio»

Gustoume esta última novela de Diego Ameixeiras, Dime algo sucio, novela coral con estrutura circular na que imos desfiañando anacos de vidas que nada teñen que ver entre si e que acabarán mesturándose por esas razóns que o destino ás veces nos ofrece, cunha lixeira (moi lixeira, a verdade) nota de esperanza ao final a pesar da violencia dalgunhas das súas páxinas.

Ameixeiras Neo-polar, por Manuel Rivas

Penso que a mellor novela policial escrita en Galicia é un ensaio titulado xustamente A novela policial: unha historia política, da autoría de Xesús González Gómez (Laiovento, 2002). Alí dise de xeito fulminante, como corresponde: “A novela policial galega naceu mal (…) porque (os autores) non sabían que a novela negra era a literatura moral do noso tempo”.

«Dime algo sucio» no Club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura

Hoxe, martes, 2 de febreiro, na Biblioteca Municipal de Gondomar, Espazo Lectura organiza a sesión mensual do seu Club de lectura Sete Vidas centrado na narrativa. Nesta ocasión, o libro escollido é a última novela do escritor Diego Ameixeiras titulada Dime algo sucio.

«Diego Ameixeiras, unha mirada diferente na novela galega»

O pasado domingo, 10 de xaneiro, José Miguel A. Giráldez publica no suplemento dominicial de El Correo Gallego unha entrevista longa con Diego Ameixeiras, con motivo da publicación de Dime algo sucio.

«”Dime algo sucio”: axexados polo veciño», crítica de Sandra Faginas

AMEIXEIRAS VÉN DE PUBLICAR UNHA HISTORIA DE VIOLENCIA E INTRIGA DE VIDAS CRUZADAS QUE BEBE DAS NOVELAS POLICIAIS DE QUIOSCO Sempre persoal, a mirada de Diego Ameixeiras (Lausanne, 1976) tenos afeitos nesta curta e destacada carreira literaria a disparos acertados en forma de obras tan distintas como as primeiras Baixo mínimos (2004) e O cidadán do mes (2006), co detective Horacio Dopico como protagonista, e Tres segundos de memoria (

«”Dime algo sucio”: unha novela que se le de dúas sentadas»

«Bajos instintos» é o título da crítica, asinada por A.M. Pedrosa, publicada nas páxinas galegas do suplemento «A&L» de ABC, de Dime algo sucio, a cuarta novela de Diego Ameixeiras. Traducimos do castelán o primeiro parágrafo do texto: É un solombo, é dicir, literatura.

Dolores Vilavedra: «Ameixeiras segue a madurar como narrador»

Diego Ameixeiras amosa en Dime algo sucio que segue a madurar como narrador, versátil sen deixar de ser el mesmo.