Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: dolores_redondo

«Infamia», «Un lume azul» e «A cara norte do corazón», entre os libros recomendados polos escritores galegos para o confinamento

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe asinada por Mila Méndez na que seis escritores recomendan una serie de libros para os días de confinamento, entre os que figuran algún títulos publicados por Xerais: Infamia, de Ledicia Costas; Un lume azul, de Pedro Feijoo e A cara norte do corazón, de Dolores Redondo.

Unha novela trepidante que amosa que a literatura de intriga é sempre un valor seguro: «A cara norte do corazón», de Dolores Redondo. Crítica de Pilar Ponte

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre a novela A cara norte do corazón, de Dolores Redondo, publicada por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha escrita fascinante que conxela o alento do lector: «A cara norte do corazón», de Dolores Redondo. Anotación no xornal El Progreso

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro: A cara norte do corazón, de Dolores Redondo, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «A cara norte do corazón», de Dolores Redondo. Unha escrita fascinante que conxelará o alento do lector

A cara norte do corazón, de Dolores Redondo, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. En agosto de 2005, cando o furacán Katrina está a piques de devastar a cidade de Nova Orleáns, Amaia Salazar ten vinte e cinco anos e participa nun curso de intercambio para policías da Europol na Academia do FBI, nos Estados Unidos.

A novela galega de Dolores Redondo non dá tregua: «Todo isto che darei». Crítica de Cristina Fernández

A revista Coolt publicou unha crítica de Cristina Fernández sobre a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016.     Dolores Redondo e a súa novela galega Poucos acontecementos literarios levantaron tanta expectación a finais de 2016 como o regreso de Dolores Redondo despois da triunfal triloxía do Baztán.

Os máis vendidos: libros de Ledicia Costas, Dolores Redondo, Jacobo Fernández Serrano e Iago López

  Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante os meses de decembro e xaneiro a partir da información proporcionada por 12 librarías galegas. A novela gañadora do último Premio Planeta, Todo isto che darei, de Dolores Redondo encabeza a lista dos libros máis vendidos na categoría de Narrativa.

As súas case 700 páxinas devórannos, déixannos exhaustas: «Todo isto che darei», de Dolores Redondo. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas encabezan o listado das 40 autoras e autores máis lidos polos Clubs de lectura no curso 2015/2016

Logo de publicar o pasado mes de novembro o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares, o blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica agora o listado das 40 autoras e autores máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2015/2016. Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas ocupan o primeiro e segundo posto, respectivamente.

A Ribeira Sacra, espazo literario de autores como Dolores Redondo e Xabier Quiroga. Artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo

O editor Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo, que tamén recolle no seu blog, sobre a Ribeira Sacra literaria, escenario de diversas novelas do escritor Xabier Quiroga e da recentemente publicada novela Todo isto che darei de Dolores Redondo.

Dolores Redondo: «Quen lea a miña novela percibirá que namorei da Ribeira Sacra»

La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Francisco Albo sobre a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016. (Fotografía de Roi Fernández).

Dolores Redondo: «Hai poucos lugares que conxuguen a beleza da paisaxe e o orgullo da xente»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016.     Dolores Redondo presenta «Todo isto che darei» na Ribeira Sacra Intensa xornada a de onte na Ribeira Sacra na que presentamos Todo isto che darei, a versión galega da novela de Dolores Redondo gañadora do Premio Planeta 2016.

Dolores Redondo, gañadora do Premio Planeta 2016, visita a Ribeira Sacra para falar da súa novela «Todo isto che darei»

Galicia confidencial publicou unha información sobre a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016, e a próxima visita da súa autora á Ribeira Sacra.     A gañadora do Premio Planeta 2016 visita a Ribeira Sacra Dolores Redondo chega a Monforte convidada polo alcalde e da man de edicións Xerais para presentar “Todo isto che darei”.