Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: dos_tempos_sombrizos

Daniel Salgado: «O galego é unha lingua sometida a ocupación. Facer política co idioma é dicir o contrario, que hai liberdade para usar as dúas linguas na vida diaria»

Montse Dopico publicou en Praza Pública unha entrevista que lle realizou a Daniel Salgado.   «Declararon unha guerra contra todos nós e non nos decatamos ou non a tomamos en serio» Podería ser o retrato da derrota. Do fracaso. Da desintegración da clase traballadora como tal. Dunha paisaxe de cascallos. Das ruínas de despois da deflagración. Mais non. Ou non só.

Unha das mellores voces desta xeración nova: «Dos tempos sombrizos», de Daniel Salgado. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o poemario Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado. Cando a poesía non é consolo Daniel Salgado pertence á nova xeración de escritores e escritoras nados tras a morte de Franco que, como dixemos noutras achegas anteriores, xa tiveron acceso a un ensino regrado do galego e mesmo de materias en galego.

Palabras que son armas: «Dos tempos sombrizos», de Daniel Salgado. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o poemario Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado.   Dos tempos sombrizos O último poemario publicado por Xerais de Daniel Salgado é Dos tempos sombrizos, I Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Poemas que conforman un diario, poemas que falan da sociedade, de compromiso, de liberdade, de xustiza. Por riba, ou en derredor, a música.

Un poemario con pezas poderosamente antolóxicas: «Dos tempos sombrizos», de Daniel Salgado. Crítica de Román Raña

Román Raña publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o poemario Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado.   Setenzas visionarias Con depurada e incisiva voz Podo afirmar, sen ningún medo a equivocarme, que Dos tempos sombrizos é o máis maduro libro que compuxo Daniel Salgado (Monterroso,1981).

Daniel Salgado: «Quixen buscar un refuxio na escrita ante a impotencia do que nos está a suceder». Entrevista no Diario Cultural sobre «Dos tempos sombrizos»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Anxo Quintela a  Daniel Salgado centrada no seu novo poemario Dos tempos sombrizos, galardoado co I Premio de Poesía Gonzalo López Abente.

A beleza como arma nos tempos de chumbo: «Dos tempos sombrizos», de Daniel Salgado. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica de Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Novidade: «Dos tempos sombrizos», de Daniel Salgado. Un refuxio contra a barabarie

Dos tempos sombrizos, de Daniel Salgado, é unha novidade da colección Poesía.   I Premio de Poesía Gonzalo López Abente Dos tempos sombrizos é un libro de poemas sobre o medo. Sobre un medo ás veces concreto e ás veces difuso. Sobre un medo histórico. Dos tempos sombrizos está escrito nunha lingua desprezada. Nunha lingua acosada. Nunha lingua de vencidos. É testemuño dunha derrota inmensa.

Primeiro avance das novidades de Xerais de setembro e outubro

Adiantamos algunhas das novidades que aparecerán nos meses de setembro e outubro: En XERAIS NARRATIVA publicaranse O bosque é grande e profundo, novela de Manuel Darriba; Dióxenes en Dolorida de Ignacio Vidal Portabales, premio Blanco Amor de novela 2012; ademais de Cadeas, premio Xerais de novela 2013, de Xabier López.