Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: dragal_IV_a_estirpe_do_dragón

Catro títulos de Xerais para abrirlle a porta á lectura en galego

A fin de facilitar algunhas lecturas en galego que abran portas nestes días complicados, Xerais pon a disposición das familias e do profesorado catro títulos de literatura infantil e xuvenil (un por idade). Son catro atractivos títulos que lles ofrecemos ás lectoras e lectores e aos que se pode acceder en rede a través da plataforma ISSU.

Unha serie intensa e adictiva: «Dragal», de Elena Gallego Abad

O blog Archimago a tus archimagias publicou unha recensión crítica  sobre a serie Dragal, de Elena Gallego Abad.   Reseña: Dragal de Elena Gallego Abad Si un libro tiene un dragón en la portada, es muy probable que acabe en mis manos. Si, además, narra una deslumbrante historia de fantasía, pasadizos ocultos, misterios y profecías, su éxito en mi estantería está prácticamente asegurado.

Elena Gallego: «O dragón non ten cancelas»

O programa Un sitio á sombra, da Radio Galega, emitiu unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre Dragal IV, A estirpe do Dragón e toda a serie Dragal. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón ente o minuto 10 e o minuto 31,30.

Elena Gallego Abad: «Cada entrega de Dragal evidencia a miña progresión como escritora»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Elena Gallego Abad sobre Dragal IV. A estirpe do Dragón de Elena Gallego Abad e a serie Dragal. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Elena Gallego Abad: «Preciso realizar un labor de documentación que sustente a súa historia»

A revista Palavra Comum publicou unha entrevista de Ramiro Torres a Elena Gallego sobre a serie Dragal.   Entrevista a Elena Gallego Abad – Palavra Comum: Que é para ti a literatura? – Elena Gallego Abad: Lectora dende que teño memoria, a literatura foi sempre o meu refuxio, un universo de universos no que viaxar, soñar, vivir outras vidas e tempos imposibles.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais preparou o seguinte programa para a Feira do Libro de Vigo, que se celebrará do 3 ao 12 de xullo, na rúa Progreso, dentrás do Marco. Día 3 de xullo, venres 13:00 h.:  Pregón a cargo de Ledicia Costas. 20:00 h.:  Presentación de Dragal IV A estirpe do dragón de Elena Gallego Abad con Manuel Bragado. 21:00 h.

Presentación en Bueu de “Dragal IV. A estirpe do dragón” de Elena Gallego Abad

O sábado, 27 de xuño, ás 20:30 horas, na Sala Amelia Domínguez Búa, rúa Eduardo Vicenti, 2 de Bueu, terá lugar a presentación do libro Dragal IV. A estirpe do dragón de Elena Gallego Abad. No acto, organizado polo Concello de Bueu, a librería Miranda e Xerais e coa colaboración da Asociación Club Golfiños, participarán Manuel Bragado e Elena Gallego Abad.

Texto de Dulce María López Rivera para a presentación de «Dragal», de Elena Gallego Abad

Reproducimos o texto da escritora Dulce María López Rivera para a presentación de de Dragal IV, A estirpe do Dragón de Elena Gallego Abad en Redondela.       PRESENTACIÓN  ELENA  GALLEGO  ABAD  EN  “A CARAMBOLA”, REDONDELA Ola, boa tarde prezado público, un saúdo moi especial ao alumnado dos institutos  “Illa de San Simón” e “Mendinho”, aquí presentes.

«Cabalos e lobos», de Fran P. Lorezo, e «Dragal IV», de Elena Gallego Abad, libros máis vendidos en maio

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de maio a partir da información proporcionada por 9 librarías galegas. Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, é o libro máis vendido no  ámbito de Narrativa; seguido de Son noxento, de María Xosé Queizán. Dragal IV.

Héctor Carré: «O dereito á información é fundamental na democracia»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Héctor Carré sobre a novela Hai que matalos a todos.

Presentación de “Dragal IV. A estirpe do Dragón” de Elena Gallego Abad en Marín

O mércores, 27 de maio, ás 20:30 horas, no museo Manuel Torres de Marín, terá lugar a presentación do libro Dragal IV. A estirpe do Dragón de Elena Gallego Abad. No acto, organizado polo Ateneo Santa Cecilia e Xerais, participarán Héctor Silverio, Manuel Bragado e Elena Gallego Abad.

Elena Gallego Abad: «Agora creo en dragóns»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López a Elena Gallego Abad sobre Dragal IV, A estirpe do Dragón e toda a serie Dragal. A entrevistas pode lerse ou descargarse nesta ligazón.