Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: dragona

Unha novela que explora sentimentos e paixóns: «Dragona» de Xavier Queipo. Anotación de Agustín Agra

O blog de Barbantia publicou un texto de Agustín Agra sobre Dragona de Xavier Queipo.   Dragona Un día, hai anos, Xavier Queipo agasalloume co debuxo dunha desacougante augamar. Aquela tarde de febreiro na que a súa man esbozou unha medusa, en Compostela chovía os sete choveres.

Xavier Queipo entrevistado por «Xornal de Galicia»: «Eu son un ‘worst seller’»

Xavier Queipo é entrevistado hoxe por Iago Martínez para Xornal de Galicia con motivo da publicación do seu álbum A illa dos cangrexos violinistas (OQO editora). O autor de títulos narrativos como  O ladrón de esperma, Papaventos ou Dragona comenta que se considera un worst seller: «Son un dos [autores] que menos vende na literatura galega.

Críticas na revista “Os meus livros”

Críticas na revista “Os meus livros”

A prestixiosa revista literaria portuguesa Os meus livros (a única dedicada esxlusivamente aos libros en Portugal) dedica unha páxina para recomendar as edicións en portugués d’ O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz e Dragona de Xavier Queipo. Premer sobre a imaxe para ler o texto.

Xavier Queipo, entrevista en “Fervenzas literarias”

Xavier Queipo, entrevista en “Fervenzas literarias”

O escritor Xavier Queipo, autor de Dragona, novela recentemente traducida ao portugués, é entrevistado en Fervenzas literarias. Recollemos un dos parágramos desta longa e interesante entrevista referidos a Dragona: “Si, [Dragona]é unha novela de personaxes e está chea de contradicións (xa dicía Cortázar que as contradicións son o motor das nosas vidas).