Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: e_logo_temos_razóns_para_ser_nacionalistas?

«Pensar o nacionalismo»

A revista Tempos Novos publicou un longo artigo de Miguel Vázquez Freire titulado «Pensar o nacionalismo» no que se fai unha reflexión en torno á necesidade de repensar a política do nacionalismo a partir de dous libros de recente publicación, un deles E logo, temos razóns para ser nacionalistas?, de Henrique del Bosque Zapata, publicado por Xerais, así como outro de Xaime Subiela.

Un verán cheo de libros

O verán foi moi activo para os libros de Xerais.

Actos de Xerais no Festigal 2014

A décimo cuarta edición do Festigal, que terá lugar o 25 de xullo (Día da Patria Galega) no Campus Sur de Santiago de Compostela acollerá, entre outras, a presentación (ás 20:30 horas) do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto e do libro de relatos de Xavier Queipo 55 (ás 21:00 horas).

As razóns do nacionalismo: «E logo, temos razóns para ser nacionalistas?», de Henrique del Bosque Zapata. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre E logo, temos razóns para ser nacionalistas?, de Henrique del Bosque Zapata.   As razóns do nacionalismo Nos últimos tempos e especialmente desde prensa madrileña, sen excluír mesmo o órgano que pasa por voceiro da progresía, o nacionalismo galego, vasco ou catalán está a recibir todo tipo de descualificacións.

Textos argumentativos. «E logo, temos razóns para ser nacionalistas?», de Henrique del Bosque Zapata. Anotación de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha nova anotación sobre E logo, temos razóns para ser nacionalistas?, de Henrique del Bosque Zapata.   Para abrir mentes Veñen coincidir nestes días dous títulos que non atopo horas suficientes no reloxio para ler senparar. Tratan tematicas contiguas, un está editado en Galaxia e o outro en Xerais.

Xerais na Feira do Libro de Vigo 2014

Do 23 de maio ao 1 de xuño terá lugar a Feira do Libro de Vigo 2014 na que Xerais ten organizados os seguintes actos: • Día 23 de maio  venres 12:30 h.: Pregón a cargo de Pedro Feijoo. 19:00 h.: Presentación de Penúltimas tendencias  de Carlos Negro con Manuel Bragado. 20:00 h.: Presentación de A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz con Manuel Bragado. • Día 26 de maio  luns 19:00 h.

Opresión fronte a liberación: «E logo, temos razóns para ser nacionalistas?», de Henrique del Bosque Zapata. Anotación de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre E logo, temos razóns para ser nacionalistas?, de Henrique del Bosque Zapata.   O nacionalismo como liberación A alternativa ao nacionalismo galego é nacionalismo español.  O nacionalismo español, non coñezo cousa máis resesa, triste e baleira. Pénsoo agora, mais xa o pensaba de cativo.

Novidade: «E logo, temos razóns para ser nacionalistas?», de Henrique del Bosque Zapata. A lexitimidade dos pobos a decidir o seu futuro con liberdade

E logo, temos razóns para ser nacionalistas?, de Henrique del Bosque Zapata, é unha novidade da colección LibroX. O nacionalismo ten unha serie de valores que cómpre salientar. Defende unha serie de bens que son fundamentais na conformación da vida dos individuos: a historia da comunidade, a lingua, a cultura e a identidade, entre outros.