Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ebook

Xerais ofrece máis de 110 títulos en formato ebook, desde literatura infantil e xuvenil a novidades de narrativa ou clásicos

A decidida aposta de Xerais por abrir o seu catálogo de xeito sistemático aos dous formatos actuais do libro, o formato papel e o formato ebook, está xa plenamente consolidada, con máis de 110 títulos a disposición dos lectores e lectoras, asumindo así o reto que os novos xeitos de lectura demandan.

José Colmeiro: «As persoas entrevistadas fan propostas provocadoras e son quen de inventar e imaxinar sen medo a rachar fronteiras»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a José Colmeiro polo seu libro Galeg@s sen fronteiras, o primeiro libro nativo dixital de Xerais.

«Galegos sen fronteiras», de José Colmeiro, o primeiro libro nativo dixital de Xerais

Xa está á venda Galeg@s sen fronteiras, de José Colmeiro, o primeiro libro nativo dixital de Xerais. Galeg@s sen fronteiras, que presenta unha serie de conversas con algunhas das figuras máis relevantes da efervescencia cultural galega contemporánea, publícase unicamente en formato dixital, na colección Crónica, destinado a calquera dos formatos, soportes e principais plataformas existentes (Apple, Amazon, Todoebook).