Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: eduard_velasco

Presentación en Compostela de “Palabras de Opoton O Vello”

O martes 30 de marzo de 2021 ás 19:30 horas, en NUMAX, Rúa de Concepción Arenal 9 , Santiago de Compostela,  tera lugar a presentación do libro Palabras de Opoton O Vello de Avel·lí Artís-Gener, traducido por Eduard Velasco. No acto participarán Eduard Velasco e Lara Dopazo Ruibal.

Suso de Toro: «Eu identifiqueime bastante con Ramón Baltar, gustoume moito o seu espírito de independencia e o seu orgullo». Entrevista no xornal «Tempos Novos» sobre: «Un señor elegante»

O xornal Tempos Novos publicou unha entrevista asinada por Eduard Velasco ao escritor Suso de Toro sobre o libro: Un señor elegante, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Dous títulos de Xerais, Premios Losada Diéguez 2020

O xurado da XXXV edición do Premio Antón Losada Diéguez recoñeceu as obras Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010), de Camilo Nogueira e a novela Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco, como gañadoras dos Premios Antón Losada Diéguez de Investigación e Creación Literaria 2020 respectivamente.

Unha defensa férrea da liberdade dos pobos: «Palabras de Opoton O Vello», de Avel-lí Artís-Gener. Anotación en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación sobre o libro: Palabras de Opoton O Vello, de Avel-lí Artís-Gener, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un clásico da literatura catalá verquido ao galego: «Palabras de Opoton O Vello». Anotación no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación sobre o libro:Palabras de Opoton O Vello, de Avel-lí Artís-Gener, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Eduard Velasco: «Lembro querer escribir dende sempre» Entrevista no blog «Palabra de Gatsby» sobre: «Os días felices de Benvido Seixas» e «Palabras de Opotón O Vello»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez ao escritor Eduard Velasco sobre os libros: Os días felices de Benvido Seixas e Palabras de Opotón O Vello, publicados por Xerais na colección Narrativa.

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Unha novela absolutamente imprescindible en calquera biblioteca que se prece: «Palabras de Opoton O Vello», de Avel-lí Artís-Gener. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: Palabras de Opoton O Vello, de Avel-lí Artís-Gener, publicado por Xerais na colección: Narrativa.

Novidade: «Palabras de Opoton o vello», de Avel·lí Artís-Gener. Unha novela chea de humor sobre a liberdade dos pobos e a convivencia das culturas

Palabras de Opoton o vello, de Avel·lí Artís-Gener, con tradución de Eduard del Castillo Velasco, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. A novela Palabras de Opoton o Vello, de Avel·lí Artís-Gener está considerada unha obra de referencia da literatura catalá do século XX.

Unha boa novela humorística: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha crítica sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco,  publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘Os días felices de Benvido Seixas’, unha boa novela humorística Un precedente na nosa literatura d’Os días felices de Benvido Seixas (Xerais, 2019) podería ser, se cadra, o relato de María Lado na antoloxía de ficción erótica Abadessa, oí dizer.

Un libro socarrón e cheo de retranca que agocha unha crítica moi seria ao clasismo social: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco, publicado por Xerais na colección Narrativa. Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco Supoño que non me tería achegado a esta novela se non houbese unha persoa que me asegurase que era divertidísima; ante isto, imposible negarse: andamos faltos de humor na nosa literatura.