Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: el_correo_gallego

«Xuvia-Neda» por José Miguel A. Giráldez

ARAGUAS NO SEU ETERNO RETORNO MÁXICO Non coñezo a ninguén tan extraordinario en vivo e en directo. Vicente Araguas é magnífico nas distancias curtas. E este libro, Xuvia-Neda, é precisamente iso: un libro que hai que ler desde a curta distancia, desde o territorio fundacional, desde o lado liminal da experiencia.

«Ás de bolboreta» de Rosa Aneiros, crítica de Isabel Soto

PERSONAXES ELIXIDOS Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Tras catro convocatorias, desde a súa creación en 2006 froito dun acordo entre a Fundación Caixa Galicia e Edicións Xerais, o galardón converteuse nun bo seleccionador de tendencias, temas e autores do século XXI dentro do amplo espectro da “literatura xuvenil”, tendo en conta que no xurado participan mozos e mozas.

Blanca Roig escribe sobre «Lúa do Senegal» de Agustín Fernández Paz

Blanca Ana Roig Rechou, profesora da USC, inaugura en El Correo Gallego a súa sección sobre Literatura Infantil e Xuvenil cun formidable artigo sobre Lúa do Senegal, a novela de Agustín Fernández Paz, recentemente gañadora do Premio AELG 2010 ao mellor libro infantil e xuvenil de 2010.

«Valados na pel» por Lupe Gómez

Inventamos valados que nos separan dos demais, ou levamos eses muros escritos e debuxados na pel. O escritor galego Agustín Fernández Paz conta moi ben unha historia de separacións dolorosas no seu libro Valados, publicado pola editorial Xerais. A man sincera e honesta do autor vaise pousando neste conto como se fose unha folerpiña de neve. O seu libro resulta moi entretido, moi animado.

«Bilbao-New York-Bilbao», adianto do primeiro capítulo

El Correo Gallego publicou no seu suplemento dominical unha entrevista con Isaac Xubín, o tradutor dnede o éuscaro de Bilbao-New York-Bilbao, a novela pola que Kirmen Uribe obtivo o Premio Nacional de Narrativa en 2009, ademais dun adianto das súas primeiras páxinas. Capítulo 1 OS PEIXES e as árbores parécense. Perecénse nos aneis. As árbores téñenos no tronco.

«Unha historia que non vou contar», crítica en «El Correo Gallego»

Recomendamos o texto que José Manuel Estévez Saá publica en El Correo Gallego unha crítica sobre a novela de Cid Cabido Unha historia que non vou contar.

«Diego Ameixeiras, unha mirada diferente na novela galega»

O pasado domingo, 10 de xaneiro, José Miguel A. Giráldez publica no suplemento dominicial de El Correo Gallego unha entrevista longa con Diego Ameixeiras, con motivo da publicación de Dime algo sucio.

Xurxo Lobato: «A vaca é unha grande descoñecida»

O suplemento «Lecer« de Galicia hoxe e El Correo Gallego publicou o pasado domingo unha reportaxe-entrevista con Xurxo Lobato con motivo da publicación de No país das vacas. O texto, asinado por Vanesa Oliveira, debulla os contidos do volume no que Lobato comezou a traballar hai tres anos. «A pesar das aparencias, a vaca é a gran descoñecida en Galicia.

Xurxo Lobato: «Este libro é un tributo visual á vaca»

Galicia hoxe e El Correo Gallego publican unha reportaxe con motivo da presentación este serán na Coruña de No país das vacas, o libro de Xurxo Lobato. É, en palabras do seu autor, o fotógrafo galego Xurxo Lobato, “un tributo visual á vaca”, un libro para “explicar como vive, de que vive e quen vive” deste animal icónico da nosa cultura e do noso sistema socioeconómico.

«A vida do outro»: A novela dun xornalista na Transición

Dicía Álvaro Cunqueiro que non hai nada máis real que a fantasía. Unha afirmación que acada cumprida confirmación na última novela do xornalista, ensaísta e narrador, Carlos G. Reigosa, A vida do outro, recentemente editada en Xerais e gañadora do Premio Torrente Ballester, un dos máis importantes da narrativa en galego e en español convocados no noso país.

Marcos Calveiro entrevistas nos medios

Tras o anuncio de onte, varios foron os medios que hoxe publican entrevistas con Marcos Calveiro, autor d’ O pintor do sombreiro de malvas. Xornal de Galicia: «Marcos Calveiro gaña o premio Lazarillo cunha novela en galego. O autor reconstrúe os últimos días en Auvers, daseándose nas súas cartas e pinturas».

«Episodios galegos» de Manuel O’Rivas na prensa de hoxe.

No día de onte tivo lugar unha roda de prensa-presentación do último libro de Manuel O’Rivas Episodios galegos. Temos de esperpento na libraría Couceiro de Santiago. Recollemos aquí o eco da prensa galega: «O’Rivas: “O ADN da cultura galega é a resistencia”». Galicia Hoxe «O’Rivas retrata, no seu novo libro, a “Neogalicia conservadora” de Feijoo».