Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: el_correo_gallego

«Recendos de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro: «un goce para os sentidos», en palabras de Eulalia Agrelo

«Recendos de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro: «un goce para os sentidos», en palabras de Eulalia Agrelo

Eulalia Agrelo Costas publica en El correo Gallego unha recensión sobre Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro, libro ao que califica de «goce para os sentidos». Reproducímola integramente: Volven os «aires sonoros» Recendos de aire sonoro, presenta un poético compendio musical no que conflúen os músico, instrumentos e ritmos varios.

Crónica de Mar Fernández Vázquez sobre «Reckless», de Cornelia Funke, na que recomenda a súa lectura

Crónica de Mar Fernández Vázquez sobre «Reckless», de Cornelia Funke, na que recomenda a súa lectura

Mar Fernández Vázquez publica hoxe en El Correo Gallego unha crónica sobre Reckless, de Cornelia Funke, na que recomenda a súa lectura. Pódese descargar en pdf.

«Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)», de Dionisio Pereira, a clarificadora investigación dunha parte fundamental da nosa historia

Onte presentouse na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira, acto no que participaron Lourenzo Fernández Prieto, Manuel Bragado e o propio Dionísio Pereira. A noticia está amplamente recollida na prensa, tanto en Galicia Hoxe, El Correo Gallego, Xornal de Galicia e La Voz de Galicia.

Artigo de opinión de Alfredo Conde sobre «Xuvia-Neda», de Vicente Araguas

O escritor Alfredo Conde dedicoulle a súa columna de onte en El Correo Gallego ao libro Xuvia-Neda, de Vicente Araguas. Reproducímolo integramente: Xuvia-Neda ÁS VECES fálolles de libros. Hoxe tamén. O que dixemos onte verbo das comidas, dos sabores que as definen, dos arrecendos que liberan e de cómo, todo elo conxuntado, fai de nós a xentiña que somos, sen remedio, todo elo, é aplicable ós nosos libros.

«A Ribeira Sacra. Guía Práctica», de Manuel Garrido, en Galicia Hoxe e El Correo Gallego

A guía de vixe sobre a Ribeira Sacra, A Ribeira Sacra. Guía Práctica, escrita por Manuel Garrido, ocupou onte a atención dos xornais Galicia Hoxe e El Correo Gallego. A información de El Correo Gallego pode descargarse en pdf.

Crítica de Estévez-Saá sobre «Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia», de Francisco Calo Lourido

Nas páxinas de El correo gallego, José Manuel Estévez Saá publicou unha recensión crítica sobre Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia, de Francisco Calo Lourido.

«Quéroche contar un conto», libro solidario coeditado con Aspanaex

Mar Mato faise eco nas páxinas de Faro de Vigo do acto de presentación de Quéroche contar un conto, o libro solidario coeditado con Aspanaex. Arancha e Raúl teñen un segredo, máis ben, varios. Son capaces de nomealos polas cores que imaxinan como se fosen caramelos de historias. Os dous personaxes non existen, pero poderían ser reais.  O libro Quéroche contar un conto (Xerais) deulles o soplo de vida.

Crítica de Estévez-Saá sobre «O Cabo do Mundo», de Xabier Quiroga

José Manuel Estévez-Saá publicou onte en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga, libro que foi Premio da Crítica 2010.

Crítica de Geovana Gentili sobre «Dragal», de Elena Gallego Abad

El Correo Gallego publicou onte unha recensión crítica de Geovana Gentili sobre a novela Dragal, de Elena Gallego Abad. Dragal, editada na colección Fóra de Xogo e subtitulada «A herdanza do dragón», foi finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009.

O suxestivo universo das historias de Xulio Verne

A crítica e investigadora de literatura infantil e xuvenil Isabel Mociño publiocu o pasado martes un longo artigo en El correo gallego sobre dous libros de Jules Verne publicados por Xerais na colección Xabaril, que recomenda ler: Viaxe ao centro da Terra e A volta ao mundo en 80 días.

Manuel Rivas entrevista para EFE

O redactor de EFE Pablo L. Orosa realizou unha entrevista a Manuel Rivas  con motivo da aparición a vindeira semana de Todo é silencio. O texto publícase nalgúns medios como  El Correo Gallego, Galicia hoxe, La Opinión da Coruña, La Voz de Galicia. Recollemos algúns fragmentos dunha conversa longa e moi interesante: Nesta novela Galicia non é Galicia.

«Reckless», artigo de Estévez-Saá

«Reckless», artigo de Estévez-Saá

El Correo Gallego publicaba onte un artigo de José Manuel Estévez-Saá sobre Reckless. Carne de pedra, de Cornelia Funke. O autor do artigo destaca o rigor da tradutora, María Xesús Bello Rivas e a decidida aposta de Xerais por este libro.